Miradoiro de San Roque
Miradoiro
A uns 353 metros de altitude, desde a cima do Monte de San Roque podemos observar todo Viveiro e situalo na súa contorna natural.
O río Landro no seu tramo final forma unha zona húmida con importantes valores ecolóxicos (englobada na Zona de Especial Conservación ZEC Río Landro); desde o miradoiro descubrimos a súa amplitude. Observamos tamén a desembocadura no Cantábrico, toda a vila de Viveiro coas pontes e o porto deportivo, o importante porto pesqueiro de Celeiro, a costa recortada, a praia de Covas e os montes da comarca.
A área deste miradoiro é unha zona de lecer habitual, onde encontramos tamén a capela de San Roque, punto de referencia desde o mar.