Forte de San Damián

 
Castelo

Tamén chamado Castelo de San Damián, foi levantado no século XVII no lugar que o século anterior ocupara a Torre Nova.

Miradoiro privilexiado sobre a ría de Ribadeo, hoxe funciona como sala de exposicións temporais do concello.

Trala súa construción e dotación de artillería para a defensa da ría de posíbeis ataques por mar, soldados e veciños facían as gardas. A principios do século XVIII foi destruído polos ingleses e, pese a súa reconstrución posterior, quedou definitivamente en ruínas trala Guerra da Independencia en 1809.  Máis adiante pasou a ser patrimonio municipal e foi restaurado. Está considerado Ben de Interese Cultural, conservándose hoxe en día no muro exterior, as troneiras, o foxo escavado en rocha e os contrafortes.

Recomendámosche

Visitas guiadas verán 2025:

Ás 11:30 horas os seguintes días:

  • Xullo: 06, 20 e 27.

  • Agosto: 10, 17, 24 e 31.

Son visitas gratuítas con reserva previa. Máis información no apartado de reservas de turismoribadeo.gal.