Fervenza da Xestosa
Fervenza
A Fervenza da Xestosa, no concello de Ourol, é unha das máis bonitas da Mariña. Conta con distintos saltos, rematando nunha gran caída final de máis de 20 m de altura, precipitando as súas caudalosas augas con grande estrondo nalgunhas épocas do ano.
O nome á fervenza dállo o Río Xestosa tamén chamado Xanceda que baña as serras da Gañidoira e da Coriscada e que se xunta co Landro, do que é tributario, en Xerdiz.