Audioguía ficcionada de Viveiro

 
Audioguía ficcionada

Conversas nun Viveiro fantástico

Vive a historia de Viveiro xunto a un paseante nocturno polas súas rúas, prazas e personaxes históricos.

Descargar audioguía GalegoDescargar audioguía CastellanoDownload audioguide EnglishTéléchargez Audioguide Français

Esta audioguía ficcionada proponche coñecer Viveiro e revivir as historias do seu pasado a través dun conto fantástico protagonizado por personaxes históricos, uns anónimos e outros con relevancia na vida política, económica ou artística de Viveiro.

Unha viaxe no tempo que te levará dende a Praza Maior, a percorrer as estreitas rúas do centro histórico na compañía dun misterioso paseante nocturno, presenciando as súas conversacións con Pastor Díaz, George Borrow, Nemesio Barreiro, Maruxa Mallo ou Emilio Caxete “O Rabeno”. No paseo asistirás tamén á toma do Concello, liderada por Xan de Izá en 1812, e aos sucesos de novembro de 1911; seguirás a Don Adolfito o trobador; escoitarás cantos dos "maios" e coplas de Entroido e coñecerás o testamento de María Sarmiento e os negocios de José Barro. Só ao final descubrirás que a voz que nos guía, é unha homenaxe ao intelectual e diplomático viveirense Lois Tobío.

Duración: 47 minutos

Clica na imaxe inferior para ampliar o mapa co percorrido da audioguía

Para ter en conta: ao final da ruta, no Convento de San Francisco, podes visitar a "Exposición permanente Semana Santa de Viveiro".

Recomendámosche

En todo momento, a través dos diferentes relatos, irás recibindo indicacións por onde debes ir. Por iso, unha vez conectado o son non se debe interromper e terás que apagalo só ao chegar ao final. Recomendámosche que encendas o audio e te deixes levar pola historia única e diferente destes lugares. Para evitar indicentes é moi importante que realices paradas en lugares seguros e que teñas coidado co tránsito rodado ao camiñar. Agardamos que disfrutes da experiencia!