Centro de Interpretación da Faba
Este centro de visitantes está promovido polo Concello de Lourenzá, abriu as súas portas en outubro do ano 2004. Naceu co obxectivo de difundir as características da leguminosa e as técnicas de cultivo tradicionais que desde hai séculos se empregan na Mariña Lucense. A materialización do proxecto foi posible grazas aos fondos europeos do Plan Leader Plus Terras de Miranda.
As instalacións do Centro divídense en varias zonas, con distintos contidos:
Zona 1 - A faba no mundo: Situado na planta baixa do museo, este espazo aporta información sobre a orixe e evolución da especie arredor do mundo. A información estritamente botánica, o descubrimiento de América e os costumes dos diferentes pobos constitúen os fios condutores desta sala.
Zona 2 - A Faba de Lourenzá: ¿Por qué sobresaen de maneira especial as fabas que se cultivan no val de Lourenzá? Esta zona da planta baixa resposta ao interrogante por medio do texto, imaxes e unha maqueta da zona.
Sala Túnel: Un dos espazos máis impactantes do Centro de Interpretación é este túnel cego de pedra, que mide 18 metros de lonxitude e lles serviu aos monxes como pasadizo de fuxida. Nel, baixo unha plataforma de vidro, poden verse diferentes apeiros empregados tradicionalmente no cultivo, recolección e procesado da Faba de Lourenzá.
Sala Cíber: Un dos faiados do museo, está dotado de varios equipos informáticos conectados á rede, desde os cales é posible consultar a web e outros recursos dispoñibles sobre o tema. Unha biblioteca de obras relacionadas complementa a información en liña.
Sala de Proxeccións: Os cinco espazos do museo complétanse cunha sala na que periódicamente proxectaranse diversos traballos relacionados coa Faba, de carácter divulgativo e artístico. Precisamente as artes serán especial protagonista desta zona, que acollerá diversas exposicións.
Dentro do Centro de Interpretación, sitúase a Oficina Municipal de Turismo de Lourenzá.
Audioguía ficcionada
Dende a praza, adicada a César Chavarría, parte o percorrido da Audioguía ficcionada "Vilanova de Lourenzá. Paisaxes da memoria" que te levará, a través dun paseo, polas rúas da vila para coñecer as historias que se foron tecendo nela dende a época da fundación deste mosteiro.
Visitas audioguiadas / guiadas ao Mosteiro de Vilanova de Lourenzá 2024 (do 1 de xullo ao 13 de outubro de 2024)