Barco museo Reina del Carmen

 
Museo

O Concello de Burela decidiu no ano 2000 xestionar a compra dun antigo barco boniteiro con casco de madeira para convertilo nun espazo de recuperación da cultura marítima e de atracción turística no porto máis importante de España na pesca e comercialización do bonito.

Do barco pódense visitar todos os seus compartimentos, tanto os da cuberta e da ponte como baixo cuberta e o casco por dentro. Todos os seus equipos mecánicos, eléctricos, electrónicos e hidráulicos, incluíndo os motores principais e auxiliares, así como os de seguridade e salvamento, funcionan perfectamente.

No barco consérvanse os medios e métodos de pesca tradicionais empregados para a pesca do bonito na especialidade de cacea ou curricán, a forma artesanal de pesca que mellor garantiza a calidade do producto.

A visita ao barco comprende, na ponte e sobre a cuberta, a ponte de mando onde se pode comprobar o funcionamiento dos principais equipos de navegación, comunicación e situación e os camarotes do patrón, do motorista e do segúndo da bordo, o comedor, a cociña e o retrete.

No casco e baixo a cuberta visítanse a sala de maquinas, a zona de descanso do resto da tripulación, o pañol e a bodega ou neveira. Neste ultimo espacio están expostas as artes de pesca artesanais como a xa mencionada de curricán ou cacea para a pesca do bonito, o palangre de superficie e de fondo para a pesca da merluza e peixe espada, as artes de enmalle para o peixe sapo, artes de arrastre para a pesca da cigala e gallos, as artes de marisqueo para a pesca do percebe e nasas para a pesca de nécoras, polbos, etc. 

Ao mesmo tempo, o barco-museo leva a cabo unha importante labor na defensa dos recursos naturais e ambientais que mereceron o recoñecemento da Unión Europea co outorgamento da Bandeira Azul tanto polas campañas de educación ambiental como pola protección dos recursos mariños.

982 888 506
Horario de inverno 2024-2025**:
**Do 5 ao 16 de novembro de 2024: ABERTO
**Do 17 de novembro ao 7 de xaneiro de 2025: PECHADO
**A partir do 8 de xaneiro de 2025: ABERTO

De martes a venres: 11:00h, 12:00h, 13:00h, 17:00h, 18:00h.
Sábados: 11:00h, 12:00h, 13:00h.
Domingos, luns e festivos pechado

As visitas son sempre con guía.
Prazas limitadas. Reservas a través da web.
Adultos: 5€ | 8 a 18 anos: 3€ | Menores 8: gratis Colexios e I.E.S. durante o curso academico: gratis. Grupos de máis de 20 adultos: 4€ / persoa.
Servizos
Sinalizado
Aparcamento