Porto de Burela

 
Porto pesqueiro

Este é un dos portos pesqueiros máis importantes de Galicia a día de hoxe pero a súa orixe xa se remonta á Idade Media cando era un dos portos baleeiros da Mariña e ata aquí chegaban moitos baleeiros vascos para as súas campañas de caza.

Este é o motor económico da vila sendo o porto boniteiro máis importante da costa galega. A flota do porto de Burela dedícase fundamentalmente ás artes de pesca como o palangre de fondo e de superfie, o arrastre, artes menores, o certo e a volanta. As principais especies subastadas son a pescada, o bonito, a cabala, xurelo e polbo.

Na extensa superficie que ocupa a zona portuaria de Burela (que da conta da importancia da mesma en canto a actividade pesqueira e comercial) atopamos diversos almacéns, a fábrica de xeo, a lonxa, nave de redes, gasolineira, asteleiros, cetárea, pantalán de atraque para embarcacións náutico-deportivas, etc.

Ademáis, na explanada portuaria atópase a Oficina de Turismo e unha ampla zona de aparcamento.

Recomendámosche ás visitas do 2023

Ademais do "Barco Museo Bonitero Reina del Carmen", na contorna do porto tes a oportunidade de coñecer mellor mundo do mar a través de visitas a espazos como a lonxa, unha conserveira artesanal ou A Moncloa (Asociación de Mariñeiros Xubilados e Afíns) que percorre a memoria mariñeira a través dos seus protagonistas.

Máis información  https://burela.org/gl/visitas-guiadas