Barco museo Reina del Carmen
O Concello de Burela decidiu no ano 2000 xestionar a compra dun antigo barco boniteiro con casco de madeira para convertilo nun espazo de recuperación da cultura marítima e de atracción turística no porto máis importante de España na pesca e comercialización do bonito.
Do barco pódense visitar todos os seus compartimentos, tanto os da cuberta e da ponte como baixo cuberta e o casco por dentro. Todos os seus equipos mecánicos, eléctricos, electrónicos e hidráulicos, incluíndo os motores principais e auxiliares, así como os de seguridade e salvamento, funcionan perfectamente.
No barco consérvanse os medios e métodos de pesca tradicionais empregados para a pesca do bonito na especialidade de cacea ou curricán, a forma artesanal de pesca que mellor garantiza a calidade do producto.
A visita ao barco comprende, na ponte e sobre a cuberta, a ponte de mando onde se pode comprobar o funcionamiento dos principais equipos de navegación, comunicación e situación e os camarotes do patrón, do motorista e do segúndo da bordo, o comedor, a cociña e o retrete.
No casco e baixo a cuberta visítanse a sala de maquinas, a zona de descanso do resto da tripulación, o pañol e a bodega ou neveira. Neste ultimo espacio están expostas as artes de pesca artesanais como a xa mencionada de curricán ou cacea para a pesca do bonito, o palangre de superficie e de fondo para a pesca da merluza e peixe espada, as artes de enmalle para o peixe sapo, artes de arrastre para a pesca da cigala e gallos, as artes de marisqueo para a pesca do percebe e nasas para a pesca de nécoras, polbos, etc.
Ao mesmo tempo, o barco-museo leva a cabo unha importante labor na defensa dos recursos naturais e ambientais que mereceron o recoñecemento da Unión Europea co outorgamento da Bandeira Azul tanto polas campañas de educación ambiental como pola protección dos recursos mariños.