Río Ouro

 
Espazo natural Río

O curso medio e baixo do río Ouro, formado por marismas e o curso fluvial acolle un ben conservado bosque de ribeira e poboacións valiosas de fauna como o mexillón de río e salmón entre outras de interese para a conservación.

Este espazo natural está protexido pola Rede Natura 2000 como Zona de Especial Conservación.

Curso medio e baixo do río Ouro, que discorre en gran parte polo val do Valadouro e remata no pequeno esteiro que forma a ría de Fazouro, case totalmente formado por marismas de salicornias e xunqueiras, e que se abre á barra areosa da praia da Pampillosa e O Sarrido.

Augas arriba, o río Ouro está flanqueado en gran parte por bosque de ribeira con ameneiro, salgueiro, sanguiño, freixo e abeleira.

O seu leito acolle unha pequena poboación de mexillón de río e o salmón aínda que habita este río, actualmente non se reproduce aquí. Aínda que escasa, tamén están presentes a ameazada lamprea e tamén a boga do Douro, ao igual que a escasa libeliña esmeralda de Curtis e a ameazada auganeira.