Praia de Altar

 
Praia

Na desembocadura do Río Masma.

Praia que conta cunha ampla superficie de dunas na desembocadura do Río Masma. As ofrendas que noutros tempos se facían ós deuses en “Peña de Altar” dan o nome a este areal. Trátase dunha illa, accesible en baixamar, onde segundo se conta, se producían ditos sacrificios.

Lonxitude: 1.100 metros.

Grao de urbanización: Natural

Aparcamento: Si.

Birdwatching

Observación ornitolóxica en Barreiros: Máis información aquí.