Praia da Rapadoira
Praia
Situada no núcleo urbano de Foz, parada imprescindible para todo visitante.
Areal urbano que dispón de tódolos servizos e que se atopa rodeado de cafeterías e restaurantes. Elixida por moitas familias pola súa ubicación e accesibilidade, así como polas súas augas tranquilas e a charca que se forma ó lado do espigón, lugar ideal para o xogo dos máis pequenos.
É unha praia libre de fume.
Lonxitude: 270 metros.
Grao de urbanización: Urbana.
Aparcamento: Si.