Porta da Vila

 
Otro patrimonio histórico

Sinxelo arco de medio punto con bóveda de canón, que servía de entrada polo chamado Camiño Real. Conserva a inscrición epigráfica, en pedra, máis antiga de Viveiro. Na parte posterior ten unha imaxe do Santo Cristo do Amparo que tamén lle dá o nome.

A antiga muralla de Viveiro estaba formada por seis portas e catro portelos, das que tan só restan na actualidade tres. A porta do Cristo do Amparo é unha delas, principal entrada á cidade pola antiga calzada romana. Consta de sinxelo arco de medio punto con bóveda de canón, cunha lápida de pedra no seu interior coa seguinte inscrición: "Era M CC L V in tempo R AF", que se transcribe en: "Era 1255 (ano 1217) en tempo do rei Alfonso", referíndose a Alfonso IX de León. Na súa parte posterior presenta unha vitrina coa imaxe do Santo Cristo del Amparo do século XVIII - que lle dá nome a esta entrada - e aos seus lados a Virxe chorando e San Juan, do XVI. A porta desemboca na rúa Rosalía de Castro, unha das máis típicas de Viveiro con casas antigas e nobres.

Próxima a esta porta atópase a Fonte do Cadafalso (s. XVII) de estilo tardo-renacentista con tres canos, que estaba enfronte do cenobio de Santo Domingo, demolido no 1851. Atribúese a súa realización a Diego Ibáñez, e recibe este nome por terse realizado algunhas execucións públicas preto dela. O Cadafalso era unha especie de patíbulo, con plataforma de táboas.