Convento das Concepcionistas e Gruta de Lourdes

 
Otro patrimonio histórico

Situado na parte alta da cidade de Viveiro, foi fundado en 1601. O seu estilo barroco contrasta coa ábsida románica da Igrexa de Santa María, o que o converte nunha das zonas mais belas do casco antigo.

Rematado de edificar en 1725 por testamento de Dona Mª das Alas Pumariño e rexido por relixiosas concepcionistas de clausura, foi fundado a principios do século XVII. Destaca a portada e o portalón de acceso ao convento, en cuxo torno se pode encargar repostería e unha ampla variedade de doces. No seu interior existe un gran claustro de tres pisos con arcos na planta baixa do século XVIII. A igrexa é obra do arquitecto santanderino Francisco de Castañeda, consta dunha nave con bóveda de medio canon e catro arcos torais.

Anexa á entrada da igrexa das concepcionistas está a gruta de Lourdes, unha recreación da francesa na honra á Virxe, construída en 1925. Chaman a atención os numerosos exvotos de cera ofrecidos en agradecemento pola curación de doenzas de persoas e animais.

Visitas

Abre os sábados para a misa de 19h e o domingo para a das 10h. A Gruta de Lourdes está aberta todo o día.