O Cargadoiro
Ao comezar o século XX unha florecente industria de transformación do ferro precisaba chegar ao mar para transportar o mineral ao exterior. Neste Parque Etnográfico encontramos os restos das infraestruturas ferroviarias e o molle que o fixeron posíbel.
No lugar de Vilaoudriz ( A Pontenova) hoxe en día encontramos os restos dos fornos de finais do século XIX que conseguían extraer o ferro das rochas das minas veciñas. Por iniciativa privada dos propietarios da explotación, construíronse os 34 km do ferrocarril que chegaba ata Ribadeo. Durante un tempo tamén serviu de transporte de pasaxeiros, aínda que as ansiadas conexións con outras vías férreas –como a de Ferrol a Xixón – nunca se chegaron a realizar. Ao longo da primeira metade do século XX sucedéronse etapas de auxe e semiabandono, ata que nos anos 60 se clausurou definitivamente.
Convertido en miradoiro simultáneo a Asturias e Galicia, O Cargadoiro se encontra a carón do Forte de San Damián e moi preto do Albergue de Peregrinos do Camiño Norte.