Praza de España

 
Otro patrimonio histórico

Tamén chamada Praza do Campo da Vila,  sitúase extra muros da antiga urbe medieval e foi o ensanche para o crecemento da vila. Antigo campo que funcionara para adestramento militar e zona de xogo de bolos, hoxe é referente tanto para a veciñanza como para visitantes, lugar de encontro e escenario para as feiras, mercados e festas.

Nesta praza se concentran edificios significativos do patrimonio arquitectónico de Ribadeo: a Torre dos Moreno como insignia do legado indiano, o neoclásico Pazo Ibáñez (actual Casa Consistorial), a igrexa de Santa María do Campo, a Aduana, o convento de Santa Clara… ademais de  Oficina de Turismo coa súa sala de exposicións e numerosos inmobles de menor porte pero singulares cos seus soportais e balcóns. A ampla zona axardinada tamén rende tributo con cadanseu busto aos escritores Gamallo Fierros e Alonso y Trelles (“El Viejo Pancho”).