Fervenza de Escouridal

 
Fervenza

A fervenza de Escouridal fórmase ao salvar o río Guilfonso, tributario do río Ouro, cun salto de 80 m. de altura, un afloramento de rocas graníticas de grandes dimensións.

Localizada nos estribos da Serra do Xistral, esta impresionante fervenza salva a través de diferentes pozas ou caldeiras un desnivel dun 80 m. Atópase no río Guilfonso, que neste tramo serve de límite entre os concellos de Alfoz e O Valadouro e que é afluente do río Ouro que desemboca na pequena enseada de Fazouro.

A través de diferentes saltos salva un afloramento de grandes rochas graníticas espectaculares, nunha contorna noutrora formada por bosques autóctonos dos que quedan algunha pequena mostra. A final da primavera é a mellor época para gozar deste espectacular salto de auga, cando o caudal do río recolle as abundantes precipitacións acumuladas na Serra do Xistral.

Servizos
Gratuito
Sinalizado