Costa da Mariña Occidental

 
Espazo natural

Estreita franxa de costa principalmente acantilada e exposta ao mar aberto, onde os areais, bravos e ben conservados, son de pequenas e medianas dimensións. Acolle unha interesante flora con poboacións de herba de namorar e interesantes poboacións insulares de píntega común e lagarta da serra. Acolle tamén valiosas colonias de aves mariñas como a gabita e o corvo mariño cristado.

Este espazo natural está protexido pola Rede Natura 2000 como Zona de Especial Conservación e Zona de Especial Protección para as Aves.

Este espazo natural acolle unha interesante vexetación de cantís mariños coa presenza de varios endemismos como a herba de namorar. Destacan tamén as curiosas poboacións insulares de píntega común e da lagarta galega e a presenza da interesante lagarta da serra, unha  especie tipicamente de montaña que no norte de Galicia ten poboacións a nivel do mar.

Tamén declarada como ZEPA, o principal valor deste espazo natural reside nas súas interesantes colonias de aves mariñas de gaivota patiamarela, de corvo mariño cristado, e tamén da gaivota escura e do paíño pequeno desde hai poucos anos; e recentemente a cría, por primeira vez na península Ibérica, do gaivotón. Aínda que moi reducida, é altamente singular a poboación reprodutora da gabita que actualmente só nidifica nesta costa en Galicia, tratándose da poboación máis sudoccidental de Europa.

Mais información sobre rutas ornitolóxicas aquí.