Complexo Regal Xunqueira

 
Artesanía Museo

Sobre a finca e as ruínas dun antigo curtidoiro, o artista Alfonso Otero Regal levantou un Complexo Cultural cuxo epicentro é o seu traballo como ceramista, muralista e deseñador.

A infraestrutura recupera espazos da antiga industria de curtido de peles, poñéndoa en valor nun centro de interpretación e evitando a degradación da contorna. Ademais, dous museos se centran na traxectoria do artista e na historia de Cerámica Regal. O complexo conta tamén co taller, a tenda, un auditorio e vivendas para artistas convidados. É un centro cultural dinámico con vocación de fomentar e divulgar o mundo da cerámica, moi arraigado na Mariña pola existencia de caolín de alta calidade.

Cerámica Regal obtivo o Premio Nacional de Artesanía 2011.

Visitas guiadas audiovisuais de luns a venres ás 12 e as 18 horas de luns a sábado. Prezo 3€ que se poderá descontar en compras na tenda. 

Os sábados de 11 a 14 horas, curso de iniciaicón á cerámica con fabricación dunha peza. Reserva previa. Prezo entre 5 e 10€ dependendo dos materiais utilizados. 

982 562 589
Luns a sábado: 10:00-14:00/ 16:00-20:00
Domingo: pechado