Centro de interpretación da Basílica de San Martiño de Mondoñedo

 
C. de interpretación

Dende o ano 2018, A Basílica de San Martiño de Mondoñedo, conta cun centro de interpretación na antiga casa reitoral. Ó longo das súas diferentes salas faise un repaso pola historia deste tempo, a figura de San Rosendo e o descubrimento das pinturas románicas máis antigas de Galicia, do século XII.

Nel, o visitante pode ver pezas como unha reproducción do Diploma do Rei Silo, firmado no 775, o documento deste tipo máis antigo conservado en España, ou unha lápida e fragmento de lauda con caracteres visigóticos descuberta nas exavacións realizadas en San Martiño no 1967.

O percorrido complétase cunha sala adicada na súa totalidade á figura de San Rosendo, outra que fai un repaso polo románico en Galicia e unha colección de moedas que datan do século XI ó XVII.

A visita finaliza na Cámara do Bispo, coas reproduccións do báculo e o  anel de San Gonzalo, as reliquias máis veneradas do Bispo Santo. O báculo orixinal atopouse en 1648 cando se abriu por primeira vez o sepulcro de San Gonzalo. O anel orixinal foi descuberto en 1914, trátase dunha peza de ouro cunha pedra de cuarzo suxeita por catro cabezas de ave, con brilantes nos ollos. Crese que ambas pezas datan do século VIII.

982 132 607
Martes a Sábado: 10:30 -14:00 /16:00-20:00.
Domingo: 10:30-13:00
Luns: pechado

Horario de inverno (outubro a domingo de Ramos): Mércores a Domingos 10:30 -14:00 /16:00-19:00

En nadal:
24 e 31 pechado pola tarde
6 xaneiro: pechado todo o día
Gratuíto
Servizos
Gratuito
Sinalizado
Aparcamento