Asteleiros Fra

Cervo (Lugo)
 
Carpintería de Ribeira

En pleno centro de San Cibrao, na desembocadura do río covo, atópase o asteleiro tradicional de Francisco Fra, a última carpintería de ribeira en activo da Mariña Lucense.

No seu taller, un estaleiro tradicional con máis de 200 anos, conserva ferramentas que son o legado de sete xeracións de carpinteiros. Nel serás testemuña da precisión e experiencia que se require para construír unha embarcación. A elaboración dos planos, a reprodución en maquetas, a execución a tamaño natural do barco, as ferramentas utilizadas e outras curiosidades son mostradas por Fra, quen, ademais, é un perfecto coñecedor da historia naval da zona.

*Os percorridos polos estaleiros están suspendidos temporalmente debido a un incendio ocorrido nas instalacións en xullo de 2023.

*Imaxe cedida por: Fundación Artesanía de Galicia. Autor: Peter Schneider.

R/ Beiramar, San Cibrao
Cervo - Lugo
677 595 676