A túa opinión conta!
Na Mariña Lucense, cada voz é importante. Sabemos que o noso territorio posúe unha riqueza única e un gran atractivo turístico. Para seguir avanzando na consolidación dun turismo máis integrador e sostible, necesitamos que participes.
En xaneiro de 2025 púxose en marcha a campaña de comunicación interna A Mariña Latexa contigo, unha iniciativa impulsada desde a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense no contexto do Plan de Sustentabilidade Turística na Mariña. Esta campaña tivo como obxectivos promover a nosa cultura e patrimonio desde unha mirada auténtica, fortalecer o orgullo de pertenza e estreitar lazos de conexión entre os residentes.
Para a elaboración da campaña, recolleuse o testemuño de 48 veciños e veciñas da Mariña e os seus 16 alcaldes e alcaldesas, quenes achegaron recomendacións de visita que poden verse nos vídeos que conforman o proxecto. En paralelo, puxemos en marcha un cuestionario, abrindo un espazo de participación cidadá que nos permita seguir recollendo máis opinións, e non só dos nosos atractivos, senón tamén do sentir dos mariñáns sobre o turismo como actividade xeradora de impactos relevantes no territorio.
Nesta sección, podes coñecer os resultados das achegas recibidas e tamén compartir connosco a túa opinión. Contarnos os teus lugares máis especiais da Mariña e falarnos sobre os desafíos e oportunidades que para ti presenta o turismo.
Por que a túa achega é importante?
A través de preguntas como que recomendarías visitar do teu municipio?, cales son as principais achegas do turismo na Mariña? ou cales son os seus principais retos?, achegarás información que axuda a coñecer mellor a percepción dos habitantes da Mariña sobre os impactos positivos e negativos do turismo no noso destino e reportará unha información que resulta moi útil e necesaria para unha xestión turística responsable, preocupada por avanzar cara a un modelo de desenvolvemento que protexa e potencie A Mariña como un lugar con identidade propia, un territorio amigable, habitable, atractivo e con futuro.
Grazas por formar parte activa da Mariña!