Resultados da opinión da nosa xente sobre o turismo na Mariña
No contexto da campaña de comunicación interna A Mariña Latexa contigo, implementouse un espazo para que a poboación local e axentes do sector poidan achegar a súa opinión, motivando unha participación que facilite recoller o pulso sobre o turismo na Mariña, divulgar as accións que se desenvolven no marco do PST e concienciar sobre a importancia da colaboración público privada e o desenvolvemento dun turismo máis sostible no territorio.
Desde o 23 de xaneiro de 2025 xunto co lanzamento da citada campaña, empezáronse a recoller valoracións a través de una encuesta con 13 preguntas, algunhas para recomendar lugares de visita e outrsa para recoller a opinión dos visitantes da Mariña sobre a actividade turística no destino. Despois dun ano, recolléronse en total 102 respostas cos seguintes resultados:
¿Cales consideras que son as principais aportacións que fai o turismo a A Mariña?
- A esta pregunta aberta, case o 50% das persoas que completaron a enquisa considera que as principais achegas que fai o turismo no territorio son económicas, destacando razóns como a xeración de emprego, a súa achega ao comercio local ou os beneficios do sector gastronómico e hostaleiro.
- Motivos sociais son os segundos máis destacados polas súas achegas positivas, destacando que dinamiza os pobos achegando ambiente e vitalidade. Que reporta riqueza cultural e que fomenta o orgullo dos propio. Pode achegar xente cara ao interior da Mariña e axudar a fixar poboación.
- A promoción da comarca e os seus produtos a nivel nacional e internacional destácase de forma explícita, e tamén a mellora das infraestructuras de comunicación (estradas); a mellora da hostalería, e en menor medida, a posta en valor do patrimonio.
¿E as principais problemáticas derivadas da actividade turística na Mariña na actualidade?
- O 35% das persoas que contestaron a esta pregunta aberta considera que as infraestructuras e os servizos resultan insuficientes (en relación á demanda recibida), destacando problemáticas como estradas saturadas e insuficientes; colapso dos aparcadoiros, problemas de abastecemento de auga ("demasiadas vivendas onde non hai auga suficiente"), problemas col tratamento de augas residuais, saturación / contaminación das praias, problemas coa xestión do lixo, etc. Sensación de "invasión" e de falta de respecto.
- Un 25% sinlada á masificación do destino vinculada á súa alta estacionalidade.
- Os coa vivienda (escacez de oferta, prezos elevados, impedimentos para alugar todo o ano) son destacdos por un 14%.
- Outro dos problemas derivados da actividade turística máis mencionados é a degradación do medio e o maltrato á paisaxe como consecuencia dda presión turística.
- A subida de prezos; a dependencia do sector; a falta de regularción e control; a falta de concienciación do visitantes, e unha estratexia común entre todos os concellos tamén son factores negativos mencionados pero con moito menor incidencia.
Principais retos de cara ao futuro:
- Conseguir un turismo sostible eficaz, desestacionalizado, respetuoso e de calidade é a mención máis repetida (30% das persoas mencionano de forma explícita).
- Con un 25% o seguinte reto máis mecionado é Mellorar as infraestructuras e servizos (auga potable, augas residuales, conexións por estrada...)
- Os seguintes retos máis repetidos son a regulación sobre a vivenda, a ampliación da oferta cultural e de ocio, innovar e distribuir o turismo hacia o interior.
Valora entre 1 e 5 o seguinte enunciado: "O impacto positivo do turismo na Mariña é superior aos impactos negativos que se podan derivar da actividade"
Ante esta solicitud e considerando 1: moi en desacordo e ata 5: moi de acordo, os resultados foron os seguentes:
Máis da mitade das persoas equisadas (53%) está de acordo en que os impactos positivos do turismo superan aos negativos. Un 21% móstrase neutral ante este enunciado mentras o 26% non considera os impactos positivos superiores aos negativos.

¿Qué factores consideras clave para a consolidación dun turismo sostible na Mariña?
- Aínda que existe unha gran diverxencia dos factores expresados, a mellora das infraestructuras e servizos é o máis repetido, seguido pola desestacionalización (organización de actividades todo o ano e descentralización) e logo pola promoción de alternativas ao sol e praia coa promoción dun turismo responsable, de natureza (sendeirismo, etc.) e máis servizos culturais.
- Tamén se destaca a xestión dos recursos naturais (como Praia das Catedrais), e se mencionan aspectos como a sensibilización dos visitantes, a planificación ou o apoio aos concellos para atender as súas labores de control -autocaravanas-, contratación de socorristas, etc.
En relación ao perfil das persoas desta mostra,
Municipios de residencia
| Foz | 17 | 17% |
| Viveiro | 13 | 13% |
| Alfoz | 12 | 12% |
| Mondoñedo | 9 | 9% |
| Burela | 8 | 8% |
| Ribadeo | 7 | 7% |
| O Vicedo | 6 | 6% |
| Barreiros | 5 | 5% |
| Cervo | 5 | 5% |
| Lourenzá | 4 | 4% |
| O Valadouro | 4 | 4% |
| Xove | 4 | 4% |
| A Pontenova | 3 | 3% |
| Riotorto | 1 | 1% |
| Fora da Mariña | 4 | 4% |
Excepto Trabada e Ourol, recolléronse opinións de todos os concellos da Mariña, sendo Foz, Viveiro, Alfoz, Mondoñedo e Burela os concellos con máis respostas.
Traballan no sector turístico?
O 89% das 102 persoas que completaron a enquisa non traballa no secto turístico.

Idade
En canto ao rango de idade das persoas que responderon a esta pregunta no cuestionario, máis do 80% ten entre 26 e 65 anos. Os maiores de 65 representan o 7% mentres o máis novos o 12%.

* Este espazo de consultas continuará aberto durante todo 2026 para seguir recollendo aportacións e coñecer a percepción da poboación local e axentes do sector sobre o turismo no territorio.
