PR-G 8 Ruta Morgallón - Río Sor
Esta ruta circular discorre polas beiras do río Sor, rodeando o Monte Insua, entre as provincias de Lugo e da Coruña. O seu trazado polas márxes fluviais agocha unha gran biodiversidade e unha paisaxe de gran beleza. Ao longo do percorrido descubriremos unha antiga fábrica de luz, un muíño, dúas cadeiras mecánicas que permitían atravesar o río, o centro ictioxénico de Ulló e unha área recreativa.
Esta ruta de sendeirismo esta homologada pola Federación Galega de Montañismo como Pequeno Percorrido Gallgo, PR-G 8, estando perfectamente sinalizada.
Iníciase a ruta, despois de pasar a aldea de Morgallón, nunha gran chaira cun panel informativo e durante a primeira parte non nos separamos nunca do río Sor, que tras percorrer 49 km moi sinuosos sen presentar saltos hidráulicos nin represas en todo o seu trazado, desemboca na Ría do Barqueiro.
A medida que avanzamos, na beira contraria, atópase a abandonada minicentral hidroeléctrica de Batán, e a continuación a desembocadura dun pequeno afluente, o Riobarba.
A uns 100 m da presa atópase unha telesilla colgante que se usaba para cruzar á outra beira do río. Continuamos o noso percorrido até atopar un muíño de auga abandonada e a seguir Ponche Ulló, onde se sitúa o Centro de precintaxe de reos, con capturadoiro, escada de peixes e un pequeno laboratorio de incubación e alevinaxe, onde todos os anos se obteñen arredor de 40.000 ovos de reo que repoboarán os distintos regatos da Sor. Tamén se realizan labores de guiado e toma de datos dos exemplares pescados. Á beira deste lugar ademais hai un merendeiro onde repor enerxías.
O reo, un peixe único da Cornixa Cantábrica
En Galicia existen dúas formas desta especie, o reo, que migra ao mar e regresa ao río onde naceu para completar o ciclo reprodutor, e a troita común que é sedentaria, e por tanto vive sempre no río.
O reo que tras nacer no río baixará ao mar, onde permanecerá ata alcanzar a madurez sexual (con 3 ou 4 anos) e logo comezan a remontar os ríos no outono coas primeiras choivas, e a estes primeiros chámaselles «castañolos», os que remontan en maio son os “maiolos” e nos meses de verán, coincidindo coa época das cereixas, remontan os “cereixolos”.
A súa conservación é moi importante xa que só atópase nas costas e ríos de Galicia e do Cantábrico.
Os bosques autóctonos albergan unha gran biodiversidade
Os fortes desniveis das vertentes do río Sor permitiron a pervivencia de formacións boscosas autóctonas que teñen unha grande importancia ecolóxica. Este bosque atlántico ten entre as súas árbores máis emblemáticas o carballo, o castiñeiro, o arce común ou o acivro. Nas beiras son substituídos por ameneiros, abeleiras, pereiras bravas..., así como importantes comunidades de fieito real.
Toda esta variedade de especies vexetais crea un lugar propicio para o desenvolvemento dunha variada fauna, con varias especies endémicas do noroeste como unha variedade de picamartelos, o caracol de Quimper ou a píntega rabilonga.
Con todo, este espazo non está exento de ameazas como a proliferación do eucalipto ou da acacia negra que crean comunidades moi pobres en biodiversidade.
Desde o Centro ictiogénico emprendemos o camiño de volta, finalizando a ruta cando chegamos ás casas do lugar de Monte de Insua e volvamos subir a Morgallón, que aínda conservan interesantes mostras de arquitectura popular como os seus hórreos ou as propias casas tradicionais.
Visita esta ligazón para saber como ler un arquivo .gpx e poder seguir o trazado da ruta.