Praia de Muiñelo

 
Praia

Praia estacional, aparece só no verán coa carencia de temporais.

Nesta época, acumúlase a area nos pelouros que a forman e permite desfrutar dun tranquilo areal. Dada a enorme riqueza da paisaxe submarina, encontramos en Muiñelo un lugar idóneo para a pesca e a fotografía subacuática.

Lonxitude: 129 metros.

Grao de urbanización: Illada