Porto deportivo de Viveiro
Porto deportivo
O porto deportivo de Viveiro conta cunha situación privilexiada o que fai que moitos o elixan pola súa facilidade de acceso á vila.
Este porto deportivo conta cun total de 235 amarres, unha eslora máxima de 20 metros e un calado máximo de 3 metros.
O acceso á canle de entrada ó porto está delimitado entre o dique da praia de Covas e o outro dique cuxo extremo se atopa a uns 400 metros ao sur do dique de abrigo de Celeiro.
Esta infraestructura conta con multiples servizos como: aparcamento, combustible, auga, electricidade, recollida de aceites, vixilancia, grúas, restaurante, aseos e duchas, etc.