Porto de San Cibrao
Porto pesqueiro
O porto de San Cibrao é un pequeno porto pesqueiro que só é abordable por barcos que non callen máis de 2 metros.
A historia de San Cibrao estivo sempre ligada ó mar, sabemos que os primeiros asentamentos deste territorio xa se aproveitaban deste recurso. Nos séculos XIV e XV construíanse carabelas e posteriormente desembarcaba o peixe para as fábricas de salazón.
A construcción do porto, tal e como a coñecemos hoxe en día, comezou no 1930 e finalizouse na década dos 40 se ben sufriu melloras ó longo dos anos.
Na actualidade consta dun peirao de ribeira de 120 metros de liña de atraque e conta cos seguintes servizos: confradía, lonxa, caseta de pescadores, mariña seca, grúa e surtidor de combustible.