Porto de Burela

 
Porto pesqueiro

Este é un dos portos pesqueiros máis importantes de Galicia a día de hoxe pero a súa orixe xa se remonta á Idade Media cando era un dos portos baleeiros da Mariña e ata aquí chegaban moitos baleeiros vascos para as súas campañas de caza.

Este é o motor económico da vila sendo o porto boniteiro máis importante da costa galega. A flota do porto de Burela dedícase fundamentalmente ás artes de pesca como o palangre de fondo e de superfie, o arrastre, artes menores, o certo e a volanta. As principais especies subastadas son a pescada, o bonito, a cabala, xurelo e polbo.

Na extensa superficie que ocupa a zona portuaria de Burela (que da conta da importancia da mesma en canto a actividade pesqueira e comercial) atopamos diversos almacéns, a fábrica de xeo, a lonxa, nave de redes, gasolineira, asteleiros, cetárea, pantalán de atraque para embarcacións náutico-deportivas, etc.

Ademáis, na explanada portuaria atópase a Oficina de Turismo e unha ampla zona de aparcamento.

Recomendámosche

Visitas guiadas. Burela 2023

Ademais do Barco Museo Bonitero Raíña do Carmen, na contorna do porto tes a oportunidade de coñecer mellor o mundo do mar a través de distintas visitas guiadas.

Más información: https://burela.org/es/visitas-guiadas

Audioguía ficcionada

Propoñémosche percorrer as rúas de Burela a través da audioguía ficcionada "O mar dos pataqueiros" e así coñecer os diferentes recunchos nos que emerxe un interesante legado mariñeiro, agrícola e industrial.