Porta do Valado
Porta románica do século XIII, de acceso secundario. Na zona localízase unha zona arqueolóxica con restos da antiga muralla e vivendas medievais. Dende 1949 está protexida coa declaración de BIC (Ben de Interese Cultural).
A Porta do Valado, é unha das tres portas que quedan en pé, dun total de cinco que formaban parte do antigo recinto amurallado da cidade de Viveiro. Esta edificación está considerada desde o ano 1949 como un Ben de Interese Cultural dentro do catálogo de monumentos do patrimonio histórico de España. Ao lado da mesma encóntrase o lenzo da muralla mellor conservado da localidade, ademais de importantes restos arqueolóxicos medievais.
A porta daba á antiga calzada romana. Aínda que carece de inscricións relativas á súa época de construción, está considerada do século XIII, de estilo románico e de orixe romana. A ambos os dous lados da porta, na rúa Nicolás Cora, antes chamada do Valado, consérvanse restos da muralla primitiva.