Porta de Carlos V

 
Otro patrimonio histórico

Declarada en 1942, Monumento Histórico artístico, foi edificada en 1548 en homenaxe ao emperador Carlos I de España e  V de Alemaña. A porta, formou parte da antiga muralla e consta de tres corpos con estilo Plateresco. O conxunto remata cunha artística cornixa, parapeto, troneiras e ameas decoradas.

A Porta de Carlos V, tamén chamada Porta Maior ou Porta do Castelo da Ponte ,polo seu aspecto de fortaleza, é unha das tres portas que se conservan da antiga muralla da vila de Viveiro. Edificada en 1548 por obra de Pedro Pedroso, realizouse en homenaxe a Carlos V substituíndo outra anterior do século XIII. O emperador concedeu unha real cédula á vila de Viveiro para a eximir do pagamento de impostos durante un período de tres anos, tras sufrir un grave incendio en setembro de 1540.

 

A porta é sinxela, de estilo Renacentista-plateresco, con tres corpos ben diferenciados. No primeiro ábrese un espectacular arco de medio punto con dous escudos de Galicia e Viveiro. No segundo corpo destaca o grande escudo imperial coroado co busto do emperador e flanqueado por catro medallóns que representan as liñaxes fundadoras da vila de Viveiro. O coroamento da porta faise con seis troneiras flanqueadas por tres torricelas e ameas decoradas. No envés da porta, camarín plateresco con dous escudos e a imaxe do século XVIII de San Roque, quen liberou a vila da peste bubónica, mais  antigamente estivo a Virxe dos Desamparados.

Durante a Guerra da Independencia Española, o 18 de febreiro de 1809,esta Porta foi un punto forte da defensa fronte as tropas de Napoleón Bonaparte.

Recomendámosche

A través da Audioguía ficcionada "Conversas nun Viveiro fantástico", propoñémosche unha viaxe no tempo que te levará a percorrer as estreitas rúas do casco histórico para revivir as historias do pasado da vila da man dalgúns dos seus personaxes máis ilustres.