Tres rutas de sendeirismo para facer con nenos na Mariña

 

A Mariña lucense é turismo slow.  É gozar das paisaxes sen présas e perderse polos recunchos máis secretos do norte da provincia de Lugo. 

Se che gusta o turismo activo e camiñar por fermosos sendeiros pero sen risco, propoñémosche as mellores rutas para ti polo norte do norte. Camiños sen demasiada dificultade para gozar da paz que ofrece esta contorna, perfectos tamén para cando viaxes con nenos.

Adentrámonos no mar: O Fuciño do Porco

Unha imaxe que non se poderá borrar da túa retina, un camiño cheo de paz e as augas do Cantábrico chocando entre cantís. Soa de luxo, non?

Todo isto atópase en Punta Socastro (O Vicedo), popularmente coñecida como O Fuciño  do  Porco debido á forma de morro de porco que avistan os mariñeiros desde o mar. A este lugar accédese realizando unha ruta moi curta e sinxela perfecta para realizar con nenos.

Unha pasarela de madeira ben acondicionada percorre os outeiros entre cantís ata chegar a este miradoiro que se alza sobre a praia de Pereira e Area Grande. Camiña sen présa e goza da fantástica contorna que che rodea. Unhas impresionantes vistas da ría de Viveiro, illa  Gaveira e parte da Costa da Mariña Occidental, marcarán a túa visita.

Para chegar, poderás deixar o coche preto da praia de Abrela e tomar a senda azul.

No caso de que queiras optar por un roteiro máis amplo, pero aínda así sinxelo e para toda a familia, a escasos quilómetros atópase a Ruta Morgallón Río Sor

Natureza e artesanía: Ruta da Auga

De dificultade nula, atopamos este roteiro de sendeirismo en Mondoñedo. A Ruta da Auga comeza no centro urbano da localidade, xunto á Fonte Vella, pasando polo barrio dos Muíños, berce de talleres artesáns. 

Continúa pola estrada cara aos montes das Bouzas e termina no idílico lugar do Salto do Coro, unha paraxe natural onde se atopa a fervenza do río Valiñadares. Un lugar perdido no medio da natureza do que non poderás deixar de admirar a súa beleza.

Esta ruta é duns 3,8 quilómetros, moi levadía e perfecta para realizar con nenos. 

Seguindo as antigas vías do tren: Vía Verde do Eo 

Sobre os raís polos que se desprazaba ata os anos sesenta A Chocolateira, locomotora que transportaba o ferro de A Pontenova a Ribadeo, atópase a Vía Verde do Eo. 

Este roteiro une a comunidade galega con Asturias e tamén é coñecido como a Ruta do Ferrocarril. Un total de doce quilómetros de bosques de ribeira e poboacións de eucalipto aliñados o río Eo conforman esta ruta de sendeirismo chaira, ampla e tranquila para toda a familia.

Os nenos pasarano en grande cando teñades que pasar polos antigos túneles do tren, pero cabe mencionar que é conveniente levar lanternas. Outros atractivos do camiño son a ponte colgante, o caseto da vía e a antiga central eléctrica de O Louredal.

Anímaste a percorrer A Mariña Lucense? Camiños infinitos entre paraxes únicas espérante para deixarche recordos que non poderás esquecer.