A Mariña en Ruta 2022. Rutas de cultura e natureza para este outono

 

O 8 de outubro arrinca a cuarta edición de A Mariña en Ruta, proxecto promovido pola Mancomunidade de Concellos coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo. Ata finais de novembro desenvolveranse 10 roteiros durante os sábados e tamén os festivos 12 de outubro e 1 de novembro.

A Mariña en Ruta invita a coñecer o territorio, da man de expertos anfitrións e guías locais, a través dun programa de rutas guiadas a pé no que o entorno natural, a historia, a etnografía e a arqueoloxía dos diferentes concellos da Mariña Lucense son os protagonistas.

Pincha no seguinte enlace, coñece todos os detalles do proxecto e fai xa a túa reserva. As prazas bulen!