Finca Galea
Trátase dunha finca formada por varias construcións tradicionais tipo pazo e un amplo espazo que noutro tempo tivo un uso agrícola. Actualmente as súas dependencias son exclusivos aloxamentos rurais, así como salóns de comedor.
Destaca, porén, a extensa superficie que a finca ten dedicada ao Museo Etnográfico da Auga.
Hai unhas décadas na Finca Galea realizouse unha intervención paisaxística e de conservación do patrimonio que foi galardoada a finais do s. XX cun Premio Medioambiental Europeo.
Neste conxunto intégrase un gran muíño fariñeiro que traballa grazas á forza do río Ouro, que baña a Finca.
O muíño restaurouse, recuperando a súa maquinaria e aqueles aveños necesarios para o moenda do cereal. Tamén a forza do río Ouro úsase para que traballe un dos poucos batáns que se conservan na zona.
No resto da Finca a auga segue sendo a gran protagonista a través de diversas canles e estanques, o que nos permite dar un tranquilo paseo pola súa contorna onde se exhiben diversas esculturas realizadas con troncos fosilizados.