Espazo Caritel

 
Artesanía

Espazo Caritel abre ao público hai tres anos, pero é en 1990 cando o proxecto comeza a botar raíces. Este espazo, é a unión da obra artística do escultor Daniel Caxigueiro coa súa gran afición, un xardín botánico no que se atopan multitude de especies diferentes.

Poderás visitar tanto exposicións temporais, como a súa obra máis emblemática na sala de arte do artista.

O percorrido inclúe 3.500 m2 de natureza en estado puro, onde destacan a colección de camelias e hortensias, xunto a outras plantas que proceden de distintos continentes.

982 13 26 94
Xullo e agosto 2025:
Visitas guiadas ás 18:00 h de martes a sábados e domingos ás 12:00 h