Eixo 2: Crecemento e Mobilidade Sostible

 

Trátase do eixo con maior número de actuacións, todas elas pensadas para aproveitar os recursos de forma sostible, mediante a mellora, renovación e creación de equipamentos e produtos turísticos seguros, innovadores e singulares.

De forma máis concreta, perséguese atraer e fidelizar a determinados nichos de mercado ás zonas de interior, a través do deseño e promoción de actividades/recursos de turismo cultural, turismo activo-deportivo, ecoturismo, turismo gastronómico, xeoturismo e de observación de aves para combater a desestacionalización e en beneficio da redistribución dos fluxos que se adoitan concentrar principalmente nas zonas costeiras.

Orzamento: 1.500.000,00€

A continuación, móstranse todas as accións deste eixo executadas ou en execución ata o momento.

 

Actuacións:

2.1. Reforzo de infraestruturas, produtos e experiencias turísticas sostibles en torno ao deporte e a natureza:

Esta liña, que conta co maior orzamento do plan e responde máis directamente aos obxectivos deste, constaba inicialmente de distintas actuacións relacionadas coa xestión de visitantes, o sendeirismo e o cicloturismo, surf, outro turismo activo, turismo ornitolóxico e xeolóxico e o turismo ao redor de fervenzas e miradoiros.

 Para implementar esta liña de tan ampla envergadura foi necesario a definición dun Plan de Acción Operacional de Turismo Deportivo e de Natureza da Mariña Lucense co fin de crear unha folla de ruta para o turismo deportivo e de natureza da man de concellos e axentes locais e definir así cada unha das actuacións, tarefas, fases e orzamento.

Estado: finalizado en xuño de 2023.

Resultado deste Plan de Acción Operacional de Turismo Deportivo e de Natureza da Mariña Lucense contémplanse diversos bloques de actuacións, dos cales se atopan en execución:

 Xestión de visitantes: realizar unha correcta xestión de visitantes en espazos moi frecuentados ou fráxiles do territorio require de estudos previos de capacidade de acollida física, ambiental e psicolóxica. Actualmente non existen datos no territorio, polo que a súa medición permitirá definir un sistema de xestión para conservar os valores de cada recurso identificado no tempo, así como garantir o goce da persoa visitante.

  • Servizos para a elaboración de estudos de capacidade de carga en 11 lugares da Mariña Lucense con gran afluencia de visitantes ou especial fraxilidade para definir o número de persoas que pode soportar cada un dos recursos e determinar que cantidade de cambio provocado por esas visitas é asumible e como xestionalo.

Estado: en execución desde agosto de 2023.

  • Suministro e instalación de contadores de personas: responde á necesidade de contar con información para coñecer ca maior precisión posible o número de visitantes de cada un dos lugares de estudo, así como a súa distribución ao longo do día, das semanas e dos meses do ano, entre outros datos coma o seu perfil. Estos contribuirán a que a toma de decisións se realice de maneira consciente e xustificada, aportando datos reais sobre os que construir protocolos de actuación adecuados e respaldando así a xestión sostible do turismo na Mariña Lucense.

Estado: en ejecución desde junio de 2024.

 Cicloturismo: o cicloturismo revelouse como un dos sectores de maior interese a potenciar no territorio debido a que no norte de Galicia existe un déficit de Centros BTT Galicia, tratándose dun tipo de turismo en auxe e desestacionalizador e dunha actividade que non só move turismo nacional, senón tamén un turismo interno e local constante ao longo do ano.

Centros BTT Galicia é un proxecto promovido e homologado desde Turismo de Galicia que pretende dotar á Comunidade Autónoma dunha rede de centros para a práctica con bicicletas todo terreo (BTT).

  • Creación do Centro BTT A Mariña Lucense: espazo de acceso libre preparado para os practicantes da Bicicleta Todo Terreo (BTT ou Mountain Bike), que conta cunha rede de roteiros homologados e sinalizados, así como cunha serie de equipamentos e servizos de apoio (Puntos de Acollida) posibilitando o coñecemento do medio rural e natural.

Estado: en execución desde setembro de 2023.

 Sendeirismo: na Mariña Lucense existe un gran número de sendeiros que permiten descubrir diversos valores patrimoniais do territorio, pero non todos eles se atopan preparados na actualidade para ser promocionados.

  • Creación dunha Rede de Rutas de Sendeirismo da Mariña Lucense formada por unha serie de sendas para os que estarán garantidas tanto as súas condicións de mantemento, como o seu interese e representatividade do territorio.

Estado: en execución desde agosto de 2023.

 Surf: o surf é un deporte asentado no territorio onde existen diversas escolas e que ademais conta cunha Asociación de Escolas de Surf. Aínda que se detectou que se atopa limitado pola falta de monitores certificados, así como pola falta de identificación do territorio como un destino de surf, cun gran potencial para o deporte base en distintos momentos do ano.

Ademais, o Illa Pancha Challenge, un evento competitivo de ondas grandes ao que acoden surfeiros de recoñecido prestixio a nivel internacional sitúa A Mariña desde 2019 no circuíto europeo de ondas grandes.

Así, para reverter esta situación executáronse ata o momento as seguintes accións:

  • Organización e xestión dunha acción formativa para a obtención do TD1 de Surf, titulación oficial deportiva regrada que forma ás persoas para ser adestradores deportivos de Surf.  

Estado: executada en 2023 e pendente de execución unha nova edición en 2024.

 Turismo xeolóxico: A Mariña Lucense conta cun patrimonio xeolóxico moi relevante en distintos lugares do seu territorio, desde a costa, ao interior que se está poñendo en valor por parte de varios concellos do territorio desde hai anos mediante a realización de xeorutas ou visitas guiadas de espeleoloxía, cunha gran demanda e participación.

  • Deseño, organización e execución dun Programa de Xeoturismo asentado en catro piares: un calendario de actividades de xeoturismo como xeorutas e visitas guiadas, tamén con motivo do Xeolodía 2024, unha serie de accións formativas destinadas a xestores do territorio, informadores e técnicos de turismo, guías e empresas de actividades turísticas e unha proposta de localización de elementos de sinalización de temática xeolóxica.

Estado: en execución desde outubro de 2023.

 

2.2 Poñer en valor e potenciar o Camiño do Mar:

O “Camiño do Mar” é unha variante costeira do Camiño Norte - Patrimonio da Humanidade (UNESCO). Tras percorrer o norte peninsular ata Ribadeo ou Trabada; os camiñantes optarían por seguir o camiño polo interior da Mariña ata unirse ao Camiño Francés na provincia da Coruña, ou por continuar pola costa lucense e as comarcas de Ortegal e Ferrolterra, peregrinando a San Andrés de Teixido. Continuando desde aquí ata Neda, onde se uniría co Camiño Inglés cara a Santiago de Compostela.

Unha ruta costeira, de aproximadamente 140 km, que discorre polos 8 municipios de costa da Mariña Lucense repletos de vilas portuarias coñecidas historicamente no mundo marítimo, ademais de variados e singulares recursos turísticos, praias e calas de gran beleza, formacións rochosas cun gran interese xeolóxico, entre outros.

 Contratación de asistencia técnica para analizar e validar o trazado do “Camiño do Mar” xunto á Asociación de Amigos do Camiño do Mar, historiador e concellos implicados. Co fin de establecer unha ruta consensuada, atendendo a cuestións histórico – culturais, ambientais e de seguridade da ruta e, en base a iso, a proposta de actuacións de sinalización e pequenas melloras de adecuación para o trazado.

Estado: executado en 2023.

 Redacción do Proxecto Técnico do “Camiño do Mar” para a solicitude dos permisos oportunos, licitar e executar as actuacións de sinalización e pequenas melloras de adecuacións.

Estado: actualmente en execución.
 

2.3 Creación e consolidación de produtos turísticos slow:

Desde aproximadamente o ano 2015, a Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense, como ente xestor do destino, apostou por enfocar o seu desenvolvemento e promoción turística en base á filosofía do turismo slow, un modo de viaxar de forma sostible, consciente, responsable e ligado estreitamente ao ecoturismo para coñecer con tranquilidade o noso destino.

Así, de forma conxunta co xeodestino Ferrolterra trabállase conxuntamente baixo a rede de colaboración “Turismo Slow Norte de Galicia” á que están acollidas preto de 30 empresas de aloxamento da Mariña que xunto a empresas de actividades e produtores agroalimentarios propoñen experiencias de turismo slow. Responden a este obxectivo tamén as Rutas de Artesanía ou A Mariña en Ruta.

Neste contexto executáronse as seguintes actuacións:

 Accións de promoción e comunicación do proxecto máis representativo da presente liña Turismo Slow Norte de Galicia, co obxectivo de dar a coñecer este proxecto e posibilidades existentes na Mariña en torno ao turismo slow; coa elaboración de contidos audiovisuais para redes sociais, a organización e promoción dun programa de actividades conscientes, de tipo cultural, gastronómico ou de contacto coa natureza de outono e de primavera e un expositor de publicidade en 3 formatos diferentes: cartel, display con peana traseira e flyer para dar a coñecer a oferta deseñada ao amparo do proxecto.

Estado: executado desde abril de 2023.

 

2.4. Novos produtos e experiencias turísticas sostibles en torno ao agroturismo e o turismo gastronómico:

 Contratouse a asistencia técnica para a redacción dun Plan Director de Turismo gastronómico da Mariña que tiña por obxectivo propoñer unha estratexia competitiva clara para o turismo gastronómico na Mariña e un plan de acción con medidas a executar que permitan desenvolver e mellorar produtos e experiencias de turismo gastronómico baseado na cadea de valor da gastronomía local (restauración, produtores agroalimentarios, portos, centros de formación profesional, etc), promocionar e apoiar a comercialización da oferta actual e definir un posible modelo de colaboración e gobernanza.

Resultado do traballo desenvolvido a estratexia de turismo gastronómico da Mariña concrétase en cinco liñas de traballo: Patrimonio gastronómico e liderazgo, Gobernanza e gastrodiplomacia; Sostibilidade, innovación e talento; Produtos e experiencias de turismo gastronómico e, por último, Marketing, comunicación e comercialización. Así mesmo, estas áreas configuran un plan de traballo que se articula en 22 proxectos para poñer en marcha no destino ao longo dos próximos anos e a medida que sexa posible.

Entre estas actuacións propostas atópase a creación e impulso do Colectivo de gastronomía que naceu neste contexto e a elaboración participada da Declaración da Gastronomía da Mariña, como proposta de mellora da empresa adxudicataria do contrato e que se presentou xa xunto ao colectivo, eventos de promoción concretos como a celebración dun simposio de turismo gastronómico ou a creación de experiencias e produtos.

Estado: en execución.

 

2.5. Elaboración, tradución e posta en valor das Audioguías Ficcionadas da Mariña Lucense:

As Audioguías Ficcionadas da Mariña Lucense son unha iniciativa pioneira en España de turismo cultural, que aposta por mellorar a experiencia dos turistas e a posta en valor do patrimonio cultural a través dun produto de calidade, personalizado e adaptado a cada municipio nos que se desenvolven. Son historias ambientadas en sete localidades: Alfoz, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ribadeo e Viveiro. Resultado dun coidado proceso de documentación, identifícanse sucesos, personaxes e lugares con nome propio que serven para transmitir a idiosincrasia e esencia de cada un dos municipios.

 Actuacións:

  • Subministración de material reprodutor - 110 auriculares inalámbricos, 110 tarxetas SD, cargadores USB e man de obra para o traspaso audio a tarxetas - para as Audioguías Ficcionadas de Foz, Cervo e Viveiro. 
  • Tradución dos guións e das audioguías de Alfoz e Lourenzá, ao inglés e francés, Cervo e Foz ao español, inglés e francés. Revisión e incorporación de introdución nas audioguías existentes para Mondoñedo, Ribadeo e Viveiro nos diferentes idiomas.
  • Adaptación da Audioguía Ficcionada de Lourenzá sobre Francisco Fernández del Riego con motivo do Día das Letras Galegas 2023.

Estado: executado desde decembro de 2022 e marzo de 2023.

 

2.6 Reactivación da Ruta Pardo de Cela:

Este roteiro turístico-cultural relacionada co Mariscal Pedro Pardo de Cela, nace nos anos 90 promovida pola asociación “Ou Mundo de Galea” coa finalidade de recuperar esta mítica figura da historia de Galicia e convidar a turistas e visitantes a adentrarse nos municipios de interior da Mariña Central (Alfoz, Mondoñedo, Lourenzá, Foz e O Valadouro). Colocouse sinalización do roteiro, organizaron charlas e premios e editaron folletos e libros durante anos.

No contexto do PST contémplase a reactivación desta ruta desde unha visión eminentemente histórica e de maior alcance xeográfico ao longo da comarca a través de accións como a revisión e redifinición da ruta - ampliando a proposta a outros municipios con legado relacionado con Pardo de Cela -, a colocación de sinais ou o deseño e execución do Centro de Interpretación de Pardo de Cela na Torre do Castillo de Castro de Ouro (BIC) en Alfoz.

Neste contexto executáronse ou están en execución as seguintes actuacións:

 Reimpresión do testamento de Pardo de Cela e distribución en centros educativos, bibliotecas públicas da comarca e futuro Centro de Interpretación.

Estado: executado en 2023.

 Asesoramento, traspaso de información e aval científico do proxecto de Reactivación da Ruta Pardo de Cela do IEGSP – CSIC.

 Redacción da memoria técnica do proxecto da Reactivación da Ruta Pardo de Cela para a solicitude dos permisos oportunos, licitar e executar as actuacións ao redor do roteiro, o centro de interpretación e de comunicación/divulgación.

Estado: en execución desde 2022.

 

2.7. Mellora da sinalización turística no destino:

A sinalización turística dos recursos é unha das ferramentas fundamentais que as administracións teñen para realizar unha correcta xestión do territorio para as persoas visitantes. Esta ferramenta é fundamental para brindar información, facilitar a orientación, xerar seguridade e contribuír á promoción e conservación dos recursos do patrimonio de cada lugar. Un destino con sinalización turística correcta, adecuada e actualizada xera credibilidade, motiva a seguir coñecéndoo, ofrece a visión dun territorio integral e ten a capacidade de xerar e reconducir fluxos turísticos.

 En base a isto, e como proba piloto, sinalizouse a Ruta Indiana en Ourol co fin de poñer en valor o patrimonio indiano da comarca e axudar a distribuír os fluxos turísticos a algúns dos municipios con menor afluencia turística neste momento.

Estado: executado en 2022.

 Levouse a cabo unha auditoría das principais necesidades de sinalización turística no territorio para analizar tanto a señalética relacionada con elementos a repoñer, como a identificación de nova sinalización turística de recursos estratéxicos ou a identificación de elementos comúns de identificación do territorio. Este traballo técnico buscou ofrecer en forma de memoria técnica e arquivos dixitais toda a información necesaria para asumir a redacción dun proxecto técnico de obra de sinalización e a súa posterior licitación.

Estado: executado en 2023.

 Redacción do proxecto técnico do proxecto de sinalización turística na Mariña Lucense. Cos resultados da auditoría da sinalización turística existente no territorio, elaborouse a proposta de sinalización turística para A Mariña Lucense que abordará o proxecto técnico e que inclúe o seguinte:

  1. Nova sinalización turística direccional de estrada para os recursos seleccionados.
  2. Reposición ou extracción de elementos de sinalización turística direccional existente.

Ademais, inclúense tamén os seguintes elementos que contribuirán á percepción da Mariña Lucense como un territorio integral, amplo e diverso:

  1. Sinalización de estrada de benvida ao xeodestino nos seus principais puntos de acceso.
  2. Sinalización de elementos singulares para contribuír á redirección de fluxos, en 11 puntos do territorio seleccionados.
  3. Instalación de elementos de sinalización singulares temáticos que contribúan á interpretación de aspectos de ornitoloxía e xeoloxía, en puntos a seleccionar no territorio.

Estado: en execución.