Eixo 1: Gobernanza Colaborativa

 

Dentro deste eixo preténdese fortalecer a capacidade operativa da Mancomunidade para a planificación, xestión e promoción do destino e deste plan, así como a coordinación cos diferentes axentes relacionados.

Orzamento: 255.000,00€

A continuación, móstranse todas as accións deste eixo en execución ata o momento.

 

Actuacións:

1.1. Reforzo do ente xestor e contratación de apoio técnico para a xerencia:

 Esta liña de actuación contempla a compra de material funxible, informático e mobiliario para a oficina do PST, a contratación de dous técnicos de apoio para a execución do plan, a contratación de asistencias técnicas de apoio á xerencia con alto grao de especialización en áreas concretas - como é o caso dun gabinete de comunicación e marketing dentro da licitación para o contrato de servizos de asesoría e asistencia técnica en materia de promoción e comunicación-, ou os gastos de desprazamentos do persoal técnico a reunións, encontros e xornadas no contexto do PST e desenvolvidas fóra das oficinas centrais.

Estado: en execución desde 2022.

 

1.2. Asistencia de técnicos do plan a foros de encontro, eventos e xornadas en torno ao desenvolvemento turístico sostible:

 Asistiuse á Feira INTUR de Valladolid (2022), I Congreso de Turismo Activo Inclusivo en Castropol (2022), FIO en Extremadura (2023), FITUR en Madrid (2022, 2023, 2024), viaxe de prospección e coñecemento a Girona con FEGATUR e Turismo Rural Girona (2024) e ao VII Congreso Nacional de Ecoturismo (2024).

Está previsto durante 2025 a asistencia e participación con stand segundo o caso noutras feiras profesionais, encontros e presentacións que se recollen na Estratexia e Plan Operativo de Marketing Turístico (2023 – 2025) no contexto do PST.

Estado: en execución desde 2022.

 

1.3. Tecnoloxía para a participación cidadá:

 Incorporación dun apartado específico na web da Mancomunidade que facilite a difusión do PST e a Estratexia de Marketing Turístico entre a cidadanía (residentes, visitantes e empresarios), que facilite a xeración de opinións e a escoita activa.

Estado: en execución desde 2022.

 Dentro da adxudicación para o contrato de servizos de asesoría e asistencia técnica en materia de promoción e comunicación contémplase a elaboración do Plan de márketing interno do Destino A Mariña.

Trátase de impulsar unha estratexia específica dirixida a públicos obxectivos internos, en particular á poboación local e aos participantes na cadea de valor do turismo. O obxectivo desta liña é fomentar o orgullo de pertenza co territorio e crear un marco de traballo participativo entre os diferentes axentes implicados no sector turístico impulsando instrumentos que favorezan o coñecemento, a concienciación e a cooperación público-privada e público-pública.

Estado: en execución desde decembro de 2024.