Eixo 4: Espazo Turístico, Empresas e Persoas

 

Plantexado dende o propósito de sensibilizar e concienciar a residentes, visitantes, organismos públicos e empresas turísticas sobre a necesidade de reconducir o turismo cara a un modelo sostible e de calidade que reduza os impactos negativos e maximice os beneficios socioculturais, ambientais e económicos no destino.


Actuacións: 

4.1. Formación e sensibilización das entidades públicas en xestión do turismo sostible.

4.2. Sensibilización do sector privado e cidadanía en turismo sostible.

En ambas as liñas de actuación, desenvoltas de forma conxunta, búscase xerar conciencia entre os xestores públicos (departamentos de turismo, medio ambiente, urbanismo, cultura, desenvolvemento local), o sector turístico privado e a cidadanía en xeral sobre a importancia de desenvolver actuacións encamiñadas a favorecer a sustentabilidade no sector turístico.

Dentro da Estratexia e Plan Operativo de Marketing 2023 – 2025 no contexto deste plan e da adxudicación do contrato de servizos de asesoría e asistencia técnica en materia de promoción e comunicación, prevese a organización dun foro de encontro e de sensibilización sobre Turismo Sostible. Preténdese crear conciencia sobre os beneficios de apostar por un modelo de turismo sostible, así como buscar a forma de minimizar os impactos negativos da actividade turística no territorio.

 

O I FORO DE TURISMO E SOSTIBILIDADE A MARIÑA LUCENSE, tivo lugar en Ferreira do Valadouro o 1 de outubro de 2025 cun gran éxito de aforo e cunha elevada repercusión nos medios. Os relatores foron Iñaki Gaztelumendi (consultor asesor de ONU Turismo), Alfonso Beltrán (Fundación RIA), Nere Ariztoy (Urola Kosta), Patricia Dueñas (Iberostar Hotel & Resorts) e a mesa redonda de peche estivo composta ademais por Ana Ermida (alcaldesa de Barreiros e  vicepresidenta da Mancomunidade de Concellos dá Mariña), José Manuel Villapol (representante da Mesa de Calidade SICTED), Pepe Peiteou (coordinador de Mariña Marabillosa) e Carmen Cruzado (presdienta da FCAM). O café foi servido pola VAN do servizo de hostalería do IES de Foz e os petiscos por membros do Colectivo Gastronómico da Mariña.

Máis información: ENLACE

Estado: Ejecutado.

4.3. Adhesión e implantación do SICTED:

 Adhesión ao SICTED (Sistema Integral de Calidade Turística en Destino) promovido pola Secretaría de Estado de Turismo co obxecto de sumar esforzos de diferentes axentes e empresas vinculadas ao sector turístico para traballar na mellora continuada da calidade en destino, a satisfacción do cliente e a interrelación do sector público – privado.

Máis información sobre o proceso de adhesión ao SICTED e a súa implantación no territorio.

Estado: executado en 2023 e executado en 2024. Contratado 2025-2026