Conxunto de mazos de Riotorto

 
Otro patrimonio histórico

Os mazos e ferrerías tiveron de sempre moita importancia no concello de Riotorto. Foi grazas á enerxía hidráulica que o proceso de traballo do ferro desenvolveuse amplamente na comarca. A primeira referencia histórica á artesanía do ferro en Riotorto é do século XVI e procede da documentación do convento de Vilanova de Lourenzá.

 

O oficio tradicional dos ferreiros de Riotorto parece provir de Euskadi, o que confirmarían termos técnicos procedentes do eúscaro (aroza, aldabarra, arragua ou bandarria) e a presenza de apelidos vascos (Chavarría, Legaspi, Lombardero ou Recalde) no concello.

O destacado etnógrafo Xaquín Lorenzo (Xocas), estudou o mazo de Chavarría (ou de Ferreiravella) e grazas ao seu traballo podemos saber como era o enxeño tradicional, agora totalmente desaparecido.

Tradicionalmente forxaron fouces, grandes e pequenas, e coitelos que se enviaban a Castela para a sega.

Aínda se mantén o conxunto da Fraga ou de Mazo Novo que en 1960 aínda era utilizado por 14 ferreiros, que traballaban por quendas.

Consérvanse en Riotorto dous destes mazos: un en ruínas, o Mazo de Bastián e outro restaurado, o Mazo da Fraga de Ferreiravella, que é posible visitar con reserva previa.(Consultar no teléfono 982 346 222) 

Hoxe en día a maioría dos mazos en activo en Riotorto son eléctricos pero seguen desempeñando a mesma función que os hidráulicos.