Centro Cultural da Alcántara e Centro de Interpretación do Camiño de Santiago Norte

 
C. de interpretación

Espazo de difusión dos persoeiros mais destacados da nosa música e literatura e lugar para afondar no Camiño Norte (Declarado Patrimonio Mundial en 2015) e o fenómeno das peregrinacións.

Estes espazos pretenden atender a peregrinos, visitantes e ao público en xeral para darlles unha visión de conxunto das características e valores do Camiño ao tempo que serven para promocionar os municipios polos que pasa ao informar de todo o relacionado con estes lugares e os seus arredores. O guía  amosa este Centro situado na antiga Capela do Convento da Alcántara, amenizando a visita co seu gran coñecemento e infinita amabilidade.

Os medios expositivos de Alcántara están incrustados nas paredes na antiga igrexa, como os andeis relacionados cos persoeiros ilustres nados na vila de Mondoñedo, como son Antonio Noriega Varela, José Pacho, Pascual Veiga, Leiras Pulpeiro e Álvaro Cunqueiro.

Conta ademais cunha serie de paneis e vídeos sobre o Camiño de Santiago nos que se amosarán as infraestruturas do Camiño, a paisaxe diversa, as etapas do Camiño, os puntos de interese máis salientables a nivel arquitectónico, e a maqueta interactiva cos vídeos. Tamén se tratan temas relacionados coa hospitalidade, a simboloxía e os relatos de peregrinos históricos que fixeron o Camiño Primitivo, recentemente galardoado coa máxima distinción da UNESCO, de Patrimonio da Humanidade.

982 188 200
De martes a sábado: 10:00 - 13:30 h / 16:00 - 19:30
Domingo: 10:00 - 14:00 h
Luns: pechado
Gratuito
Servizos
Gratuito
Aparcamento