Barrio dos Muíños

 
Otro patrimonio histórico

Este barrio mindoniense debe o seu nome ós numerosos muíños que nel existían. Aquí atopábanse antigamente talleres artesáns de alfareiros e ferreiros que abastecían á cidade e á zona.

O seu asentamento neste barrio, unha das entradas á cidade, non é casual. Aquí atopábanse as canles de auga que permitían levar a cabo estas actividades aproveitando este recurso natural. A día de hoxe ainda se poden ver estas canles, atravesadas por pequenas pontes, antigos lavadoiros e a Fonte dos Pelamiso.

O testigo desta tradición artesá segue  presente neste lugar a día de hoxe. Poderemos visitar un canteiro, un monicrequeiro, un taller de serigrafía e un alfar. Neles realízanse visitas guiadas e talleres, invitámoste a que os descubras a través das Rutas de Artesanía da Mariña Lucense.

Feira de Artesanía dos Muíños

No mes de xullo contas cunha cita coa Feira de Artesanía dos Muíños en Mondoñedo, con mostras de oficios tradicionais, produtos locais, deseño e moito máis. Unha oportunidade para descubrir e coñecer da man dos propios artesáns os seus oficios e facerse con algunha das súas creacións únicas.