Área recreativa da Choza
Ría
Espazo natural
Á beira do río Eo o Concello de Trabada ofrece varias áreas de descanso onde gozar do ambiente fluvial.
A Choza conta con pasarelas de madeira, un embarcadoiro, paneis interpretativos sobre os seres vivos do río, mesas… A contorna está rodeada de árbores autóctonas e a vista da ría se completa con Asturias na outra beira: o concello de Vegadeo.
Trabada en si mesmo é todo un “camiño natural”, como reza o seu lema, conectándose por sendas verdes con outros municipios da Mariña Oriental.
Nas proximidades da área recreativa hai un pequeno observatorio de aves sobre a ría de Abres.