Alimentos da Mariña Lucense
Os circuitos cortos, a proximidade, os alimentos km0 fundamentan o pilar das nosas receitas e conformaron a nosa tradición gastronómica.
A gran fortuna que temos na Mariña Lucense é atopar alimentos moi variados e de moi alta calidade tanto da terra como do mar en tan só uns poucos kilómetros.
Dos pobos costeiros da Mariña Lucense poderás degustar, ostras, percebes, ourizos de mar, tamén excelentes coquinas, bogavante, nécora ou polbo, ademais doutros moitos peixes diferentes..., todos eles procedentes da pesca do día e polo tanto cunha excelente calidade e frescura, que acompañan aos xa destacados e recoñecidos Pescada do pincho de Celeiro e Bonito do norte de Burela.
No interior, os produtos agrícolas e da horta... e os procedentes da gandeiría toman o relevo. Carnes de Ternera Gallega, de razas autóctonas como son o Porco Celta, a Cachena ou Limiá, galiñas de raza Mós, verduras coma os grelos, tomates e pementos ou a recoñecida Faba de Lourenzá (IGP). Frutas e froitos como a castaña ou a mel conforman a cesta de alimentos xunto a outros moitos.