Villa Lola

 
Patrimonio indiano

Villa Lola é outro exemplo destacado da arquitectura da emigración, que pola súa composición e recursos ornamentais, destaca sobre o resto de construcións que a rodean. Trátase dunha construción promovida pola familia Quiza.

Data de construción: principios S.XX (estimación)

Esta vivenda expón un esquema en forma de U, típico da arquitectura palaciega barroca francesa, con certo parecido ás ilustracións que na obra de Le-Duc identifican casas holandesas, alemás ou danesas.

A vivenda parte de dous niveis de construción de planta rectangular tradicional galega, con cuberta de teitume. Nesta casa tamén podemos atopar elementos como a escaleira de acceso que define e decora a fachada e que neste caso sitúase nos laterais.

Sobresaliente resulta o cerco que rodea a vivenda e especial mención merecen os repertorios de vexetais entrelazados que se combinan con pezas xeométricas nas grandes portas de forxa que se integran no perímetro dos muros.