Ruta da Faba

 

A Ruta da Faba de Lourenzá é unha experiencia turística completa que combina arte, natureza, gastronomía e cultura local.

O nexo de unión desta singular experiencia é o cultivo da Faba de Lourenzá, produto amparado pola Indicación Xeográfica Protexida que leva o mesmo nome e que actualmente acolle a producción en 15 concellos da Mariña Lucense. Debido ás características do solo e ás técnicas tradicionais empregadas, esta leguminosa destaca pola súa calidade culinaria e aquel que a proba, repite!

A Ruta da Faba combina visitas guiadas ao espectacular patrimonio histórico - artístico de Lourenzá, degustacións gastronómicas de produtos da comarca, ademais da propia faba en diferentes elaboracións, con incursións na cultura local, no cultivo da faba e visitas ás plantacións, onde coñecer de cerca a forma de cultivo da man dos seus produtores. 

O percorrido inclúe as seguintes visitas e actividades.

Patrimonio artístico: Mosteiro e Igrexa de San Salvador de Lourenzá, Museo de Arte Sacro e Pazo de Tovar.

Patrimonio Natural: Área Recreativa do Muiño do Pereiro e Mirador da Valiña.

Degustacións gastronómicas: Faba de Lourenzá e outros productos da rica gastronomía de A Mariña Lucense.

Cultura local e cultivo da faba: Centro de Interpretación da Faba e Cooperativa Terras da Mariña.

Aproveita esta oportunidade para desfrutar dunha verdadeira experiencia, singular e con identidade propia que busca por en valor o arte, patrimonio, natureza, gastronomúa e cultivo da Faba de Lourenzá (IGP).