Produtores da Mariña Lucense
Toda receita comeza no mar ou na terra gracias ao esforzo e saber facer das persoas que adican a súa vida a producir alimentos para todos nós.
Mariscadoras, percebeiros, mariñeiros, armadores e demais persoas que traballan no mar achegan diariamente ás lonxas os mellores peixes e mariscos que rematan nunha agradable comida entre amigos nos nosos fogares e restaurantes. Agricultures, gandeiros, apicultores…esfórzanse diariamente por obter a mellor calidade de carnes, verduras, hortalizas, mel, frutos e foitas.
Gracias a todos eles por construir a nosa identidade contando a historia do seu traballo, producindo alimentos de calidade e respetuosos coa natureza.
Nestas imaxes abaixo podes poñerlle cara a algúns deles e nas nosas redes sociais, coñecer un pouquiño mais sobre o seu traballo. Ademais, próximamente, nesta mesma sección poderás descargar unha Guía de produtores da Mariña Lucense.