Praia de Vidreiro
Praia
A continuación do porto de O Vicedo.
Protexida polo dique do porto, a praia de Vidreiro ten augas tranquilas e transparentes. A súa cercanía ó pobo fai que sexa unha das máis elixidas do municipio. Con vistas á ría e comunicada co núcleo urbano por un paseo polo litoral.
Lonxitude: 190 metros.
Grao de urbanización: Semiurbana.
Aparcamento: Si.