Porto de Celeiro
Porto pesqueiro
Está considerado un dos mellores portos pesqueiros de Galicia debido á súa situación e un dos máis importantes da cornixa cantábrica. Mostra disto é a gran cantidade de pesqueiros de toda Europa que chegan aquí.
O Celeiro conta cunha frota pesqueira que se estende por todos os mares do mundo. Especialmente importante para faenar é o Atlántico Norte, nos caladoiros do Gran Sol, onde collen a pescada de xeito puramente artesanal. Coñécese como a "pescada do pincho de Celeiro" e está recoñecida co distintivo de "Galicia calidade".