Oficina de Turismo de Xove
Xove (Lugo)
Oficina de información
Aberta xullo e agosto (2025)
Durante as mañás, o servizo de información turística ubícase en: Avenida da Deputación s/n 27870 Xove. Horario: de martes a domingo: de 10:00 - 14:00.
Durante as tardes e en fin de semana en: Praia Esteiro, lugar de Ceranzos, parroquia de Xuances, 27877 Xove. Horario: de martes a domingo de 16:00 a 20:00.
Luns pechadas.
Recomendámosche
Audioguía ficcionada
Desde o Porto de Morás, animámosche a facer o paseo audioguiado "Tomás Mariño en Morás, entre baleas, dolos e Zeppelins" para coñecer como evolucionou a contorna do porto, praia e punta de Morás coa pesca da balea, ou coa construción da fábrica de Alúmina-Aluminio, entre outros eventos históricos.
Organizan: Xove Turismo & Rutas Galicia Norte
oficinaturismoxove@gmail.com
Avenida da Deputación s/n 27870
27870
Xove
- Lugo
982 592 632