Novos retos e oportunidades no marketing dixital Xornada de Formación (07/05/2025)
Nun mundo dixital que non para de medrar, capacitarse é básico para aproveitar todas as posibilidades que ofrece o entorno.
Esta xornada de formación, que xurde no contexto do Plan de Sostibilidade Turística na Mariña Lucense cofinanciado pola Mancomunidade de Concellos da Mariña, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo, ten como obxectivo ofrecer unha visión global das ferramentas e estratexias do marketing dixital para axudar a mellorar a presenza online de proxectos, empresas e marcas persoais.
O curso será impartido por un axente dixitalizador homologado e formador especializado en marketing dixital, que nos aproximará a través dun temario global nos temas clave do marketing dixital, facilitando que entidades públicas e pequenas e medianas empresas do sector turístico podan mellorar a súa visibilidade online, atraer máis clientes e fidelizar aos visitantes mediante ferramentas dixitais accesibles e prácticas. Coñeceremos as ferramentas e analizaremos como podemos adaptalas e aproveitalas para o noso negocio ou entidade en función dos nosos recursos e obxectivos.
- Como podo facer a miña páxina web? E se preciso unha tienda online?
- As redes sociais están moi ben, pero realmente necesito ter perfís en todas?
- Teño un pequeno orzamento e quero aproveitalo en publicidade… que me pode compensar máis?
- IA. Que é e para que podo usala?
- Manexo información sensible, como podo protexela?
Se tes estas preguntas (e moitas máis) é o momento de inscribirte nesta formación e dar o primeiro (ou segundo paso) na mellora dixital do teu negocio.
INSCRICIÓN: clica aquí
LUGAR: Salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá / Acceso por Travesía da Mariña
PROGRAMA:
10:15 - 10:30h - Benvida e presentación
10:30h -12:00h – Xornada de mañá
- Estratexias de marketing dixital
- Ferramentas online para captación de clientes
12:00h -12:30h – Pausa café
12:15h -14:15h
- Comercio Electrónico. Entorno web
- Publicidade online: Google Ads, email marketing, redes sociais, display, vídeo, mobile
14:15h -16:00h – Pausa para o xantar (libre)
16:00h -19:00h – Xornada de tarde
- Xestión de redes sociais
- Posicionamento Orgánico en Buscadores SEO
- Posicionamento Marketing en Buscadores SEM
- IA aplicada ao marketing dixital
- Análise, optimización e conversión de datos web e de redes sociais
- Ciberseguridade básica