Visitas guiadas na Mariña - Semana Santa 2025
Cando viaxamos, queremos aproveitar o tempo da mellor forma posible e non perdernos nada. Participar nunha visita guiada é unha experiencia enriquecedora que che permitirá mergullarte na historia, cultura, natureza, arte, gastronomía e un longo etcétera.... Todo iso de forma dinámica, divertida e sen preocuparte de nada!
Toma o teu tempo e empápate da Mariña!
Burela: nesta vila mariñeira poderás subir a bordo do Barco Museo Boniteiro Reina del Carmen, un antigo barco bonitero de madeira onde coñecer como se desenvolvía a vida a bordo, as súas instalacións, artes de pesca tradicionais e mesmo poñerte a mans do seu temón sen moverte do peirao. Así mesmo, tamén poderás complementar a túa visita á localidade participando nalgunha das súas Xeorutas programadas para esta Semana Santa.
- Barco Museo Boniteiro: aberto de martes 15 a sábado 19 de abril con visitas guiadas ás 11.00h, 12.00h, 13.00h, 17.00 e 18.00h.
- Xeoruta do Perdouro: Xoves 17 de abril de 10.30h a 13.30h. Salida desde la oficina de turismo.
- Xeoruta da Marosa: Sábado 19 de abril de 16.30h a 19.30h. Salida desde la oficina de turismo.
- Vila do medio: Visita guiada á Igrexa da Vila do Medio. Sábado 19 de abril ás 10:30h.
Información e reservas: Oficina de Turismo de Burela | Tel.: 982 888 506 | Burela Turismo. Aberta do 15 ao 19 de abril de 09:30h a 14:00h e de 16:00h a 18:30.
Inscricións xeorutas: https://rutasxeoloxicasdegalicia.blogspot.com/2016/06/rutas-xeoloxicas-en-burela-rutas.html
Foz: Neste municipio da Mariña sitúase a Basílica de San Martiño de Mondoñedo, considerada a catedral máis antiga de España. O seu estilo arquitectónico é pouco habitual no noroeste peninsular: románico lombardo-catalán. Nela atopamos elementos arquitectónicos de os séculos X, XI e XII. Conta, ademais, cun Centro de interpretación situado na antiga casa reitoral. En 2007 foille concedida a categoría de Basílica e o máis rechamante da súa historia é que no século IX foi sede episcopal dobre (bispados dumiense e britoniense).
- Visitas guiadas: de martes a sábado ás 10:45, 13:15 e 19:15. Domingo ás 10:45 e 13:15. Inscrición previa.
Información e reservas: Basílica de San Martiño de Mondoñedo | Tel.: 982 132 607
Lourenzá: O Mosteiro de San Salvador de Lourenzá foi fundado no s.X por don Osorio Gutiérrez, o Conde Santo. Actualmente o estilo barroco brilla en todo o seu esplendor tanto no seu interior como na súa fachada levantada no s.XVIII por Fernando de Casas Novoa como un ensaio para, posteriormente, realizar a súa obra máis emblemática: a fachada do Obradoiro da catedral compostelá. O retablo maior de estilo neoclásico, o seu relicario barroco case único en Galicia ou o sepulcro paleocristiano onde se gardan os restos do Conde Santo son só algúns dos vestixios máis representativos e que soamente se poden coñecer a través das visitas guiadas organizadas por Lourenzá Turismo.
- Visitas guiadas Semana Santa: do luns 14 ao sábado 19 de abril ás 12.00h. Imprescindible reserva previa. Prezo: 3€.
- Horario de culto:
- Domingo de Ramos: 13:00h
- Xoves Santo: 17:00h
- Venres Santo: 22:00h Procesión Soidade
- Sábado Santo: 21:30h Vixilia Pascual
- Domingo Pascua: 13:00h
Información e reservas: Oficina de Turismo de Lourenzá | Tels.: 982 121 006 ou 646 384 124 | Correo e.: lourenzaturismo@outlook.es | Mosteiro de Vilanova de Lourenzá
Mondoñedo: Mondoñedo foi capital dunha do antigas sete provincias do antigo Reino de Galicia e é sede episcopal desde o s. XII cando tamén adquire o título de cidade. Declarada Conxunto Histórico-artístico, conta cun casco antigo onde destaca a Catedral co seu enorme rosetón central, as pinturas murais de distintas épocas ou os dous órganos xemelgos. O seu Museo Catedralicio e Diocesano de Arte Sacra é un dos máis importantes de Galicia.
Ademais, entre os múltiples encantos que ofrece este municipio suxerímosche unha visita guiada á Cova do Rei Cintolo: a gran marabilla natural de Mondoñedo e a cova máis grande de Galicia.
- Catedral - horario especial de Semana Santa:
- Domingo de Ramos (13/04/25): 13:00h-18:30h
- Luns Santo (14/04/25): 10:30h-14:30h / 16:00h-18:30h
- Martes Santo (15/04/25): 15:00h - 18:30h
- Mércores Santo (16/04/25): 10:30h-14:30 / 16:00h-18:30h
- Xoves Santo (17/04/25): 10:30h - 15:00h
- Venres Santo (18/04/25): PECHADO
- Sábado Santo (19/04/25): 10:30h - 14.30h / 16:00h-18:30h
- Domingo de Resurrección (20/04/25): 13:00h-18:30h
- Catedral - visitas guiadas:
- A visita faríase con audioguía de forma xeral. As visitas guiadas ao rosetón empezarán a partir do mes de maio, antes só se aceptan reservas para grupos (+15 personas), dependendo da dispoñibilidade e os horarios.
- Consulta aquí itinerarios, horarios e reservas.
- Tel.: 673 568 709 | Correo e.: cmondonedo@artisplendore.com
Cova do Rei Cintolo - horario especial de Semana Santa:
- Visita á Galería Central
- Desde o venres 11 ata o domingo 20 de abril de 2025 en horario de 11:00h, 16:00h e 18:30h.
- Con reserva previa.
- Apto para maiores de 11 años (incluídos).
- Prezo: 20€ por persona.
- Visita Baixada do Río
- Baixo demanda. Calquera día da semana.
- Apto para maiores de 18 anos.
- Boa condición física. Dificultade: Media-alta.
- Horarios de visita, de forma xeral: 10:00h e 16:00h.
- Prezo: 40€ por persoa.
Cova do Rei Cintolo: Consulta aquí modalidades de visita, horarios y reservas. | Oficina de Turismo de Mondoñedo | Tel.: 982 507 177
A Pontenova: A actividade mineira no concello da Pontenova, durante a primeira metade do século XX deixou unha profunda pegada. Desde antigas minas de extracción (hoxe naturalizadas), os fornos de calcinación -icona patrimonial do municipio-, ou o antigo percorrido do tren mineiro hoxe reconvertido en Vía Verde. Todo este patrimonio industrial hoxe en día está posto en valor a través de distintas propostas de turismo activo que, ademais, contribúen á conservación deste valioso legado.
Horarios especiais Semana Santa 2025: Aberto todos os días do sábado 12 ao domingo 20 de abril (excepto o luns 14):
- Roteiro dos Fornos: 16:00h.
- Roteiro dos Fornos Plus: 10:30h.
Información e reservas Tirolesa das Minas: Tel.: 633 248 835. Tirolesa dás Minas |
Tamén se poderá facer uso só da tirolesa, en horario de 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 18:30 horas.
Pódese acudir directamente sen reserva previa, pero é recomendable chamar antes ou pasar polo noso local.
Oficina de Turismo da Pontenova: Tel.: 982 342 101 | Turismo A Pontenova
Ribadeo: Entre as rúas desta vila histórica destacan dúas zonas ben diferenciadas: o seu casco antigo -declarado Ben de Interese Cultural- e o seu barrio indiano -cuxas cosmopolitas construcións foron levantadas por emigrantes hacendados recentemente retornados de Hispanoamérica-. Tanto a unha zona como a outra existen visitas guiadas especialmente deseñadas por Ribadeo Turismo para esta semana Santa. Ademais, nesta programación inclúense outras propostas tanto de turismo cultural como natural que che presentamos a continuación:
- Mércores(16/04/2025): Xeoruta dos Arcos. 11:30 h e 12:30 h. Duración: 45 m.
- Xoves (17/04/2025): Ribadeo Indiano 11:30 h. - Xeoruta dos Ollos 16:30 h a 19:30h.
- Sábado (19/04/2025). Ribadeo Ilustrado 11:30 h - Xeoruta da Ría 10:30 h a 13:30 h.
Información e reservas: web Turismo Ribadeo | Oficina de Turismo de Ribadeo | Tel.: 982 128 689
Viveiro: Ciudad de orixe medieval, conta con valiosas mostras tanto de arquitectura civil como relixiosa que conforman un patrimonio rico e variado: os restos da muralla, as rúas gremiais, casas con balconadas e galerías acristaladas, ou a Praza de Santa María del Campo declarada Conxunto Histórico-Artístico...son só un pequeno exemplo do que garda a vila cuxa Semana Santa está declarada Festa de Interese Turístico Internacional.
Non te perdas o programa de visitas guiadas para esta Semana Santa 2025 organizado polo Centro Comercial Histórico de Viveiro e en colaboración coa Xunta de Confrarías da Semana Santa. Grupos de 50 persoas por orde de chegada. Saída desde a Praza Maior.
- Luns, Martes e Mércores Santo: 18.00h
- Xoves Santo: 12.00h
- Venres Santo: 13.00h
- Sábado de Gloria: 17.30h
- Domingo de Resurrección: 13:00h
Más información: Oficina de Turismo de Viveiro. Tel.: 982 56 08 79 | Correo e.: oficinaturismo@viveiro.es | Web Semana Santa Viveiro.
Oferta privada de actividades guiadas:
Escapalandia - Carmen Delia (xoves 17 - domingo 20 de abril de 2025)
- Visita guiada ao Ribadeo histórico con especial atención á historia dos dous conventos da vila, Santa Clara e San Francisco, así como á historia das igrexas e capelas da localidade. Consultar grupos e horarios. 15 € / persoa para maiores de 12 anos.
- Visita guiada Mondoñedo histórico con especial atención ao ritual tradicional de Semana Santa na catedral. Consultar grupos e horarios. 15 € /persoa para maiores de 12 anos.
Información y reservas: www.escapalandia.com | escapalandia@gmail.com
Rutas Galicia Norte - Boris Vilar Vidal
-
- Río Landro, paisaxe fluvial e cultural: xoves 17 de abril de 2025.
- Silvarosa, ferro e biodiversidade: venres 18 de abril de 2025.
- Sargadelos "A través do Río Xunco": sábado 19 de abril de 2025 - 10:00h - 14:00. 7 km . Dificultade media
- Xistral, megalitismo e natureza: sábado 26 de abril
Información y reservas: Tel.: 634 631 461 | rutasgalicianorte@gmail.com