Visitas guiadas na Mariña - Semana Santa 2024

 

 Cando viaxamos, queremos aproveitar o tempo da mellor forma posible e non perdernos nada. Participar nunha visita guiada é unha experiencia enriquecedora que che permitirá mergullarte na historia, cultura, natureza, arte, gastronomía e un longo etcétera.... Todo iso de forma dinámica, divertida e sen preocuparte de nada!

Toma o teu tempo e empápate da Mariña!

 

A Pontenova: A actividade mineira no concello da Pontenova, durante a primeira metade do século XX deixou unha profunda pegada. Desde antigas minas de extracción (hoxe naturalizadas), os fornos de calcinación -icona patrimonial do municipio-, ou o antigo percorrido do tren mineiro hoxe reconvertido en Vía Verde. Todo este patrimonio industrial hoxe en día está posto en valor a través de distintas propostas de turismo activo que, ademais, contribúen á conservación deste valioso legado. 

Horarios especiais Semana Santa 2024: todos os días do sábado 23 ao domingo 31 de marzo (excepto o luns):

  • Roteiro dos Fornos: 16.30h (posibilidade de habilitar novas saídas en función da demanda).
  • Roteiro dos Fornos Plus: 11.00h.

Información e reservas Tirolesa dás Minas: Tel.: 633 248 835. Tirolesa dás Minas   | Oficina de Turismo da Pontenova: Tel.: 982 342 101 |  Turismo A Pontenova

 Burela: nesta vila mariñeira poderás subir a bordo do Barco Museo Boniteiro Reina del Carmen, un antigo barco bonitero de madeira onde coñecer como se desenvolvía a vida a bordo, as súas instalacións, artes de pesca tradicionais e mesmo poñerte a mans do seu temón sen moverte do peirao. Así mesmo, tamén poderás complementar a túa visita á localidade participando nalgunha das súas Xeorutas programadas para esta Semana Santa.

  • Barco Museo Boniteiro: aberto de martes a sábado con visitas guiadas ás 11.00h, 12.00h, 13.00h, 17.00, 18.00h (sábados só en horario de mañá).
  • Xeoruta do Perdouro: Xoves 28 de marzo de 10.30h a 13.30h.
  • Xeoruta da Marosa: Sábado 30 de marzo de 16.30h a 19.30h.

Información e reservas: Oficina de Turismo de Burela | Tel.: 982 888 506 | Burela Turismo.

 Foz: Neste municipio da Mariña sitúase a Basílica de San Martiño de Mondoñedo, considerada a catedral máis antiga de España. O seu estilo arquitectónico é pouco habitual no noroeste peninsular: románico lombardo-catalán. Nela atopamos elementos arquitectónicos de os séculos X, XI e XII. Conta, ademais, cun Centro de interpretación situado na antiga casa reitoral. En 2007 foille concedida a categoría de Basílica e o máis rechamante da súa historia é que no século IX foi sede episcopal dobre (bispados dumiense e britoniense).

  • Visitas guiadas: a as 10:45, 13:15 e 19:15. Inscrición previa.

Información e reservas: Basílica de San Martiño de Mondoñedo | Tel.: 982 132 607 

 Lourenzá: O Mosteiro de San Salvador de Lourenzá foi fundado no s.X por don Osorio Gutiérrez, o Conde Santo. Actualmente o estilo barroco brilla en todo o seu esplendor tanto no seu interior como na súa fachada levantada no s.XVIII por Fernando de Casas Novoa como un ensaio para, posteriormente, realizar a súa obra máis emblemática: a fachada do Obradoiro da catedral compostelá. O retablo maior de estilo neoclásico, o seu relicario barroco case único en Galicia ou o sepulcro paleocristiano onde se gardan os restos do Conde Santo son só algúns dos vestixios máis representativos e que soamente se poden coñecer a través das visitas guiadas organizadas por Lourenzá Turismo.

  • Visitas guiadas Semana Santa: do domingo 24 ao domingo 31 de marzo ás 12.00h. Imprescindible reserva previa. Prezo: 3€.

Información e reservas: Oficina de Turismo de Lourenzá | Tels.: 982 121 006 ou 646 384 124 | Correo e.: lourenzaturismo@outlook.es | Mosteiro de Vilanova de Lourenzá

 Mondoñedo: Mondoñedo foi capital dunha do antigas sete provincias do antigo Reino de Galicia e é sede episcopal desde o s. XII cando tamén adquire o título de cidade. Declarada Conxunto Histórico-artístico, conta cun casco antigo onde destaca a Catedral co seu enorme rosetón central, as pinturas murais de distintas épocas ou os dous órganos xemelgos. O seu Museo Catedralicio e Diocesano de Arte Sacra é un dos máis importantes de Galicia.

Ademais, entre os múltiples encantos que ofrece este municipio suxerímosche unha visita guiada á Cova do Rei Cintolo: a gran marabilla natural de Mondoñedo e a cova máis grande de Galicia.


 Ribadeo: Entre as rúas desta vila histórica destacan dúas zonas ben diferenciadas: o seu casco antigo -declarado Ben de Interese Cultural- e o seu barrio indiano -cuxas cosmopolitas construcións foron levantadas por emigrantes hacendados recentemente retornados de Hispanoamérica-. Tanto a unha zona como a outra existen visitas guiadas especialmente deseñadas por Ribadeo Turismo para esta semana Santa. Ademais, nesta programación inclúense outras propostas tanto de turismo cultural como natural que che presentamos a continuación:

  • Visita guiada Ribadeo Ilustrado (casco antigo): luns 25 de marzo ás 11.30h.
  • Visita guiada Ribadeo Indiano: domingo 31 de marzo ás 11.30h.
  • Visita guiada ao Forte de San Damián: do martes 26 ao sábado 30 de marzo ás 11.30h.
  • Xeoruta dos Arcos: mércores 27 de marzo ás 10.00h ou ás 11.00h.
  • Xoruta de "Vos Ollos": sábado 30 de marzo ás 10.30h.
  • Xeoruta da Ría: xoves 28 de marzo ás 16.30h.

Información e reservas: web Turismo Ribadeo | Oficina de Turismo de Ribadeo | Tel.: 982 128 689

 Viveiro: Ciudad de orixe medieval, conta con valiosas mostras tanto de arquitectura civil como relixiosa que conforman un patrimonio rico e variado: os restos da muralla, as rúas gremiais, casas con balconadas e galerías acristaladas, ou a Praza de Santa María del Campo declarada Conxunto Histórico-Artístico...son só un pequeno exemplo do que garda a vila cuxa Semana Santa está declarada Festa de Interese Turístico Internacional.

Non te perdas o programa de visitas guiadas para esta semana Santa organizado polo Centro Comercial Histórico de Viveiro e en colaboración coa Xunta de Confrarías da Semana Santa. Grupos de 50 persoas por orde de chegada. Saída desde a Praza Maior.

  • Luns, Martes e Mércores Santo: 18.00h
  • Xoves Santo: 12.00h
  • Venres Santo: 13.00h
  • Sábado de Gloria: 17.30h

Más información: Oficina de Turismo de Viveiro. Tel.: 982 56 08 79  |  Correo e.: oficinaturismo@viveiro.es | Web Semana Santa Viveiro.

Oferta privada de actividades guiadas:

 Guía o teu día

       Especial Visitas Guiadas Semana Santa:

  • Ribadeo: Barrio Indiano e Centro histórico. Xoves 28 e Venres 29 ás 19.00h.
  • Mondoñedo: Centro histórico e Barrio de Os Muiños: Sábado 30 ás 10.30h.

      Información e reservas: Tel.: 654 996 857 | guiatudia@gmail.com | Facebook

 Tren turístico Viveiro en colaboración con Roteiros Galicia Norte:

       Desde o luns 25 ao domingo 31 de marzo ás 11h.

  • Percorridos panorámicos de Covas a Celeiro en Vivertren.

      Información e reservas: trenturisticoviveiro@gmail.com | Facebook